-
O portavoz parlamentario do PP, Alberto Pazos, emprega a súa intervención para cargar contra a oposición e presentar a Rueda como un "liderado claro". "Parabéns por facer de Galicia un lugar mellor", di ao seu xefe de filas.
-
Ana Pontón, voceira nacional do Bloque, asegura que "o modelo do PP deixa unha Galiza máis pequena". "O do BNG quere unha máis grande", asegura a líder nacionalista, que cre que "o cambio é imparable".
-
O portavoz socialista pide "rematar con este período tan desmoralizante" e defende que "as forzas que se asocian para o ben non se suman, se multiplican".
-
"Seguiremos sendo previsibles". Rueda remata o seu discurso inicial no debate de política xeral, tras unha intervención de unha hora e media. Ás 16 horas comeza a quenda dos grupos parlamentarios de menor a maior representación, con intervencións iniciais de 45 minutos para Luis Álvarez (PSdeG), Ana Pontón (BNG) e Alberto Pazos Couñago (PP). Despois Rueda responde e os grupos replican con cadansúas quendas de 15 minutos. As resolucións que se acorden neste debate votaranse o mércores 11.
-
"Poremos en marcha un centro do coñecemento Xacobeo, cunha vocación de clara apertura ao mundo, para compartir a fórmula do crecemento do Camiño de Santiago e aprender das que están aplicando outras rutas", di Rueda. Tamén anuncia un parque canino promovido pola Xunta en cada unha das sete cidades.
-
Rueda quere "ordenar o florecente mapa de festivais de música, audiovisuais ou de artes escénicas". Ademais de en cantidade, queremos ser referentes en calidade", din fontes da Xunta, que quere identificar "os máis representativos dentro de cada ámbito".
- HEMEROTECA | Festivais de música, en risco de 'morrer' de éxito?
-
A Xunta está disposta a indemnizar con ata medio millón de euros ás industrias que ela mesma considere estratéxicas e ás que tarde máis dun ano en outorgarlle os seus permisos.
-
Rueda anuncia o Carné +65, con descontos semellantes ao Carné Xove. O Presidente di que entre outras cuestións bonificará "un novo programa de viaxes" e "lecer activo". Tamén anuncia un "bono" de 5.000 euros ao ano para "todas as persoas con dependencia grande ou severa e que sexan coidadas por un familiar no seu domicilio".
-
Rueda anuncia que o imposto á compra de vivenda de segunda man, que está en Galicia no 9% con carácter xeral, baixará en 2024 ao 8%. A Xunta manterá o resto de rebaixas xa en vigor do Imposto de Transmisións Patrimoniais, que priman as compras en parroquias consideradas pouco poboadas.
-
Aos 11 minutos de discurso Rueda comeza a criticar as negociacións para a conformación do Goberno de España e di que serán malas para Galicia porque primarán a Catalunya.
-
Rueda rexeita que Galicia se converta nun "ente satélite do Goberno de España". "Galicia proseguirá o seu propio camiño", asegura, "sexan cales sexan as cores políticas de cada momento".
-
Rueda comeza o debate de política xeral dicindo que é bo "que cada certo tempo un pobo se analice a si mesmo" e fai un balance positivo "do progreso de Galicia nestes últimos anos". O presidente di que, malia a pandemia e a guerra en Ucraína, "nunhas circunstancias difíciles Galicia logrou crecer". No seu balance salienta que hai máis persoas empregadas na sanidade pública, que Galicia ten a maior porcentaxe de escolarización de 0 a 3 anos ou que hai máis persoas dependentes recoñecidas.
-
Ás 10 da mañá deste 9 de outubro comeza o derradeiro debate de política xeral da lexislatura, na que só houbo outro, hai agora dous anos. O deste martes, coa vista xa posta nas próximas eleccións galegas, ábreo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cun discurso sen límite de tempo. Ás 16 horas comeza a quenda dos grupos parlamentarios de menor a maior representación, con intervencións iniciais de 45 minutos para Luis Álvarez (PSdeG), Ana Pontón (BNG) e Alberto Pazos Couñago (PP). Despois Rueda responde e os grupos replican con cadansúas quendas de 15 minutos. As resolucións que se acorden neste debate votaranse o mércores 11.
- Debate 2023
- Política Ao vivo
Un debate de política xeral como anticipo da campaña que vén
Hemeroteca
-
Derradeiro gran debate da lexislatura: da "estabilidade" de Feijóo antes de dimitir ás propostas de Rueda para uns meses
-
Rueda inicia a precampaña: o presidente da Xunta percorrerá o país "para atender as preocupacións reais" da poboación
-
Rueda tenta atraer os focos tras un verán dominado por Feijóo e Sánchez a menos dun ano para as eleccións galegas
-
Pontón augura que o último debate da lexislatura marcará o "final de ciclo" do PP e sitúa o BNG como o "futuro"