- Datos Municipais 28M
- Política
O PP medrou na Galicia urbana e o BNG en todo tipo de concellos; o PSdeG cae malia seguir primeiro nas cidades
A pesar da mellora do PP e do descenso do PSdeG, o bloque progresista segue a ser hexemónico nas cidades. Os populares toman a dianteira, en cambio, nas grandes vilas. Entre as 53 comarcas galegas, o PP foi a forza máis votada en todas agás en 7, onde gañou o PSdeG (Vigo, Meira, A Mariña Central, A Fonsagrada, Fisterra, Terra de Soneira e Eume). O BNG mellorou resultados en 46 comarcas.