O PP volve sentar perfís de partido no consello da CRTVG mentres sostén con mandato indefinido o director xeral
Ambos aspirantes teñen actualmente postos na Consellería de Medio Ambiente. Antes traballaran en medios e ostentaran xefaturas de comunicación e gabinete co PP na Deputación de Lugo e na presidencia da Xunta con Feijóo, respectivamente. A elección require, segundo a lei e coa actual composición do Parlamento, o voto favorable de cando menos un dos grupos da oposición