Política
De avaliacións ambientais máis "simples" a expropiacións por non limpar leiras: a Xunta usa os orzamentos para mudar 34 leis
O Goberno galego substitúe a licenza de primeira ocupación das vivendas que tiñan que outorgar os concellos por unha comunicación previa por parte do propietario e facilita novos parques eólicos afectados pola moratoria que aprobou hai un ano
- Datos Orzamentos 2023
- Política
A Xunta ingresará 650 millóns máis en 2023 polos impostos cos que o PP acusa a Pedro Sánchez de "forrarse"
O Goberno galego prevé nos Orzamentos do ano vindeiro recadar 7.066,08 millóns por impostos, 1.127 máis que en 2022, un incremento de case o 20%. Os ingresos polo imposto sobre a renda suporán 522 millóns máis mentres que os derivados do imposto de patrimonio, que só atinxe á poboación máis rica e no que a Xunta duplica o desconto, diminuirán en case 16 millóns
- Interactivo Orzamentos 2023
- Política
Educación sobe por baixo da media nos Orzamentos da Xunta para 2023, que se disparan en comercio e enerxía
O Goberno galego entrega ao Parlamento o proxecto do maior orzamento da súa historia, con algo máis de 13.800 millóns contando a débeda, un 8,2% máis que para 2022. Comercio dispárase case un 40% polos bonos para facer compras e eficiencia enerxética increméntase nun 38%, sobre todo, polas inxeccións de fondos da UE para axudas a diversos sectores. No Sergas, a área de atención primaria terá un 10% máis e no ensino soben todas agás a de prevención do abandono escolar.
Don Alberto e a súa circunstancia
Xosé Antón Jardón
O PP di agora que Ence "rompeu o seu compromiso" de gasto social en Pontevedra tras eludir a Xunta a supervisión dese pacto
O Goberno galego asinou en 2016 un acordo con Ence polo que a pasteira actuacións ambientais e axudas sociais, pero nunca lle fixo seguimento e agora o candidato do PP en Pontevedra critica que non se estea a cumpri
Rueda revela que o 18% dos médicos de atención primaria non conseguen dar cita en menos de catro días
Pontón salienta que "331 persoas se suicidaron en Galiza o ano pasado" mentres o país conta con só "5 psicólogos por cada 100.000 habitantes, fronte a 18 de media na UE". O presidente admite que “hai que facer moito máis” para mellorar a atención á saúde mental pero asegura que a Xunta é consciente e vai seguir investindo nela
- Crónica
- Política
Feijóo tamén se queixou en Galicia do tempo para falar no Parlamento (na oposición)
Como moitas das estratexias e discursos que o ex-presidente e o seu equipo aplican dende o seu retorno a Madrid, a queixa polos tempos de intervención tamén foi ensaiada antes en Galicia. Feijóo tamén pedía a Touriño "non converter as sesións de control ao Goberno en sesións de control á oposición", reproche que el mesmo recibiu mentres foi presidente e que agora recupera contra Pedro Sánchez
Sanidade quixo prohibir as apostas en recintos deportivos pola presenza de menores e a consellería de Rueda rexeitouno
“Non é unha lei de prevención, é unha lei para a regulación do xogo”, argumentou a vicepresidencia que ocupaba o agora presidente da Xunta ante as alegacións que lle pediron máis protección dos menores
O fondo base da Xunta para os concellos seguirá conxelado en 2023 e a Fegamp lamenta que aumente o que non é "obxectivo"
Os fondos que a Xunta orzamenta para transferir aos concellos levan trece anos na contorna dos 130 millóns anuais. O presidente da Fegamp, alcalde socialista de Vilagarcía, lamenta que a Xunta confirme que non vai "atender a petición dos 313 concellos de aumentar o fondo base, o que se reparte con criterios obxectivos". "Pretende que sigamos facendo máis cousas con menos cartos"
A Xunta aproba un orzamento de 12.620 millóns para 2023, mil millóns máis grazas a maiores ingresos de impostos estatais
O Goberno galego aumenta un 6,1% o gasto en persoal, por baixo do aumento do IPC no último ano, do 9,2% segundo o último dato coñecido hai uns días
A Xunta permitirá que locais de xogo sigan xunto a colexios e as residencias de maiores terán que comunicar que fan un bingo
Só unha quincena de locais de nova apertura terán que afastarse 300 metros de centros educativos mentres que os 160 salóns ou tendas de apostas xa existentes non terán que respectar distancias, segundo a nova lei do xogo