Pontón lanza a campaña do Día da Patria presentando o BNG como "a forza da maioría da sociedade galega"
A portavoz nacional do Bloque chama a sumarse á mobilización do 25 de xullo a "todas as persoas que queren unha saída xusta, social e galega" á crise de prezos. "Cada vez son máis as persoas que queren un cambio e saben que o BNG é o motor", afirma