A Xunta ten cartos, non ten persoal e o servizo é "susceptible de explotación": así xustifica a xestión privada de residencias públicas
O Goberno galego saca a concurso centros que ata agora encomendara a DomusVi cunhas condicións que valoran máis os plans de intervención e a formación do persoal que os servizos complementarios, mentres que a oferta económica e a ratio de persoal seguen pesando o 40% e o 15% respectivamente