Política
O PP di que preguntará no Parlamento aos grupos “se queren unha república independente en Galicia”, debate declarado ilegal en Catalunya
Os populares piden ao BNG que aclare se é independentista pero eles mesmos o definen como “nacionalista” ou “patriota” empregando a palabra vasca “abertzale”
O pleno de Santiago aproba pedir á Xunta implantar unha taxa turística coa abstención do PP
A iniciativa, que retomou Compostela Aberta, foi aprobada cos votos a prol do PSdeG e do BNG tras introducir o goberno local a emenda de que debe ser a Xunta a que a regule por lei tanto para estancias hoteleiras como para excursionistas. O Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2017-22 contempla a taxa "nun tipo medio dun euro e un máximo de cinco días por cota"
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Política
Outro 25N á procura das eivas nas políticas contra as violencias machistas: do enfoque ao financiamento
A fiscal Pilar Fernández, a socióloga Iria Vázquez Silva e as deputadas Paula Prado (PP), Olalla Rodil (BNG) e Noa Díaz (PSdeG) debullan neste 25N o estado do sistema de protección ás mulleres vítimas de violencias machistas e as políticas que se están a desenvolver
Feijóo volve desdeñar a reforma do Estatuto que reclama o PSdeG e esixe que o BNG "abandone o soberanismo"
O PSdeG reclama retomar a reforma estatutaria aparcada para "abrir unha nova páxina na historia da autonomía" tras a pandemia. Antes "se conformaban con ser unha nación, agora se plantexan ser unha república", caricaturizou Feijóo ao BNG, cuxa portavoz nacional, Ana Pontón, ve o presidente da Xunta inmerso "no Matrix de Monte Pío, que lle impide escoitar"
Cota nas plataformas audiovisuais ou fondos para a dobraxe: o pulo ao galego do pacto ERC-Goberno central
O pacto entre Esquerra e o Executivo para os Orzamentos establece un 6% do contido en linguas cooficiais, un fondo para tradución e subtítulos ou que o 10% dos impostos ao 'streaming' se destine á produción en linguas cooficiais.
A Xunta asina o primeiro contrato estable de rastrexo do coronavirus 20 meses despois do primeiro caso detectado en Galicia
O Sergas fixou o 18 de novembro como o primeiro día de traballo da nova empresa, elixida por ser máis barata que a que viña contratando de emerxencia ata agora
O Goberno de España asegúrase a aprobación dos Orzamentos de 2022 e o BNG absterase tras "unha negociación decepcionante"
A confirmación do "si" de ERC permite ao Executivo do PSOE e Unidas Podemos xuntar xa máis votos dos precisos para sacar adiante as súas segundas contas públicas. "Apoiaríamolos a cambio da intervención pública de Alcoa", resalta o deputado do Bloque
Unha iniciativa cidadá europea pide a liberalización das patentes das vacinas da COVID para que cheguen a toda a poboación
No Profit on Pademic pretende xuntar un millón de sinaturas para presentar unha proposta lexislativa á Comisión Europea que poña fin aos monopolios das vacinas da COVID-19
- Documento
- Política
A Xunta e outros sete gobernos piden atender a "emerxencia demográfica" no financiamento autonómico, caducado dende 2014
Feijóo afonda na liña de deixar á marxe tanto posibles negociacións bilaterais co Estado como as ligazóns co resto de nacionalidades históricas nun documento que pide "acertar na definición dos custos reais" dos servizos públicos e a "incidencia significativa" que a demografía ten neles. No foro participaron a presidenta e presidentes de Asturias, Cantabria, La Rioja, Aragón, Castilla-La Mancha, Extremadura e Castilla y León
Movistar suprime o teléfono fixo no Courel sen alternativas con cobertura ou acceso para todos os núcleos
A empresa de Telefónica ergue as protestas de Concello e veciñanza tras advertir aos seus clientes de Folgoso que deixará de prestar servizo fixo sobre rede de cobre e ofrecer fibra óptica, que non chega a moitos lugares, ou vía móbil, con moitas áreas sen cobertura.
Que quere Asturias?
Antonio Gregorio