Sánchez ascende a vicepresidente primeiro a Carlos Cuerpo tras a marcha de Montero a Andalucía
O novo ministro de Facenda será Arcadi España, ata agora secretario de Estado de Política Territorial
O novo ministro de Facenda será Arcadi España, ata agora secretario de Estado de Política Territorial
A vicevoceira parlamentaria nacionalista, Olalla Rodil, ve "evidente" que "o poder das eléctricas e os tentáculos do PP na xudicatura son cada vez máis extensos". A deputada socialista Patricia Iglesias expresa "preocupación" ante a alerta de Xuíces para a Democracia por unha "mobilidade forzosa" que non é "normal" e subliña que "o caos eólico ten un responsable, o Goberno galego"
Considera que a especie cumpre "unha función insubstituíble" e lembra que "da saúde dos ecosistemas" depende "a vida na Terra, tamén a dos seres humanos e a cabana gandeira"
A Confederación Nacional da Construción considerou excesivo que o concurso puntuase cun 10% as melloras sociais ofertadas polas empresas, en liña coa Lei de Impulso Demográfico de Galicia, e finalmente desaparecen por completo do contrato
O presidente do Goberno de España volve "esixir que a guerra pare" e advirte da inxustiza de que "uns incendien o mundo e os demais teñamos que tragar as súas cinzas". Entre lembranzas ao papel do Executivo de Aznar en Iraq, rexeita complicidade con "agresións ilegais" e "mentiras disfrazadas de verdade": "Non esta vez, non mentres eu sexa presidente". Feijóo asume agora o "non á guerra" sumado a un "non a vostede" contra Sánchez, a quen nega o pacifismo e descualifica como traidor
Santiago Freire auséntase da reunión coa Xunta de Persoal onde CIG, CCOO, ANPE e STEG ían volve esixir o seu cesamento alegando a necesidade de atender unha incidencia urxente nun comedor escolar de Lousame, onde tamén foi alcalde: "Xa é coincidencia", ironizan
A organización gremial dá por acadados fitos "históricos" para deter a súa mobilización cun pacto que Sanidade presenta como "adhesión" aos acordos sobre Atención Primaria que xa pechara con outros sindicatos. O pacto non implica a fin da conflitividade nos centros de saúde, a comezar pola folga convocada pola CIG-Saúde para este xoves, día 26
O presidente avanza que o Sergas vacinará aos 12 anos contra o meningococo B e asegura que aprobará medidas económicas o vindeiro luns, dez días despois do Goberno de España
A nova presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo xustifica o traslado citando as sentenzas do Supremo que anularon ditames que, participados por Villares, obrigaban a concesionaria do hospital de Vigo a pagar o IBI ao Concello
O Barómetro Sanitario volve rexistrar que valoración xeral do sistema está en Galicia por riba da media, pero reflicte a crise nos centros de saúde. A porcentaxe de valoracións da Primaria como "boa" ou "moi boa" queda no 72,3% fronte ao 80% da media estatal e a nota media que a poboación galega pon ao servizo é a cuarta máis baixa entre as autonomías
No primeiro ano con competencias sobre o litoral o Goberno galego facilita que os establecementos poidan abrir ata sete meses e subvenciónaos cun millón de euros para que sexan máis sustentables e homoxéneos
Este será o primeiro ano no que o persoal fixo descontinuo traballará 9 meses, pero reclama facelo todo o ano