Despois de ocupar o cargo 13 anos e 11 días, o líder do PP fai oficial ante o presidente do Parlamento a maior crise de goberno na Xunta desde 1987, que derivará na elección dun novo Executivo. Entrou na Xunta como funcionario en 1985 e chegou ao primeiro posto político en 1991. Deixou Galicia para ser alto cargo nos gobernos de Aznar e regresou tras a defenestración de Cuíña, operación tras a que acabou remudando a Fraga
Tras entregar a carta de dimisión, preside unha reunión do Consello en funcións e escenifica a súa marcha cunha declaración sen preguntas no Pazo de Raxoi. Agora xa só depende dos prazos legais que a Cámara elixa en cuestión de días o seu sucesor, Alfonso Rueda