Diseccionando o CNI: das súas orixes franquistas á súa escasa transparencia e limitado control
É un dos organismos máis herméticos e opacos do Estado: "Ás veces parece que sexamos o arquivo secreto do Vaticano", ironiza un ex-alto cargo de Defensa. Voces expertas dubidan de que poida chegar a haber unha investigación interna sobre a actividade do Centro en accións coma o uso de Pegasus, dados os escasos controis cos que conta acotío por parte do Congreso ou do propio Executivo en cuxo organigrama se encadra