Política
A Xunta fai oficial o peche doutros dous colexios, en Baamonde e Pino de Val
Educación xustifícao polas “necesidades efectivas da poboación escolar”, que agora terá que trasladarse a outros centros en Begonte e Mazaricos
A rebaixa de peaxes a familias numerosas nas dúas autoestradas da Xunta beneficiará ao 0,9% dos tráficos
Os anteriores descontos para viaxes nocturnas implantados hai dous anos chegaron ao 2% dos usuarios
A Xunta é condenada por despedir un traballador que lle gañara un xuízo, ao que ten que readmitir e indemnizar
O TSXG di que o Goberno galego vulnerou os dereitos fundamentais e desbota o seu argumento de que a sentenza favorable ao empregado aínda non era firme cando o botou
Primeiro verán en Meirás sen os Franco: máis de mil visitantes nun mes e memoria das vítimas da ditadura
As visitas ao pazo foron inauguradas por vítimas do franquismo e asociacións na defensa da memoria histórica. Na última etapa en que o pazo estivo nas mans da familia do xeneral golpista, as visitas organizábaas a Fundación Francisco Franco a través dun guía que convertía cada visita nunha oda ao ditador
Morre aos 82 anos Alfonso Álvarez Gándara, memoria e ponte entre o galeguismo histórico e o que acadou a autonomía
Avogado que loitou pola democracia defendendo presos do franquismo, foi impulsor de varias formacións políticas e decano da avogacía viguesa ata 2015
Do prexuizo ao odio
Xoán Antón Pérez-Lema
A Xunta négase a explicar ao Consello de Contas os efectos das súas rebaixas de impostos
O ente fiscalizador pediulle que fixe “obxectivos e indicadores de cumprimento” para os incentivos fiscais, pero o Goberno galego rexéitao expresamente. Nos últimos dous anos deixou sen impostos ás herdanzas de ata un millón de euros e rebaixounos á compra de segundas vivendas ou aos casinos e bingos
O BNG propón ao Estado declarar o litoral galego "non apto" para a eólica mariña
O Bloque advirte ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que estas instalacións son "incompatibles" coa pesca.
- Entrevista | Víctor Vázquez Portomeñe 40 anos do Estatuto
- Política
Galicia 1981-2021: "En 1981 a Xunta era só a imaxe da autonomía, sen competencias, e agora é a panacea e a responsable de todo"
A Autonomía fai 40 anos e durante as cinco fins de semana de agosto falamos con cinco persoas representativas dos cinco grandes gobernos que tivo a Xunta, das que tentamos tirar unha imaxe transversal da Galicia das catro últimas décadas
- Crónica
- Política
A postaldraxe
O termo "aldraxe" quedou gravado na política galega durante o intento de baleirar de competencias a nacente autonomía, a comezos dos 80. Esta semana tenderon a esvaecer algúns dos temas que Feijóo veu sinalando como aldraxes do Goberno do PSOE e Unidas Podemos: da AP-9 á reforma sanitaria. O presidente da Xunta tamén denunciou escaseza de vacinas e Pedro Sánchez anunciou na Conferencia de Presidentes 3,4 millóns máis. Feijóo considerounas "insuficientes".
O Sergas reduciu o seu plantel o ano previo á pandemia en 464 persoas con praza e aumentouno en 1.013 interinas e 450 eventuais
O Consello de Contas presenta a súa fiscalización de 2019 e constata que “os índices de temporalidade continúan sendo altos, 44% en Atención especializada e 28% en primaria, observándose un incremento interanual”.