O Constitucional anula o confinamento do primeiro estado de alarma da COVID por 6 votos a 5
O pleno do tribunal de garantías estima parcialmente o recurso que formulou Vox e declara inconstitucionais os artigos que restrinxían a libre circulación de persoas. A sentenza ten como pano de fondo o bloqueo da renovación do TC, cuxos membros nomeados polo Congreso teñen o mandato caducado. O Goberno de España reafírmase en que aquel decreto e as súas medidas foron axustadas á lei e "imprescindibles para salvar vidas"