Política
A Xunta mudará de empresa de rastrexo da COVID sen esixir á nova, máis barata, que concrete detalles do seu servizo
Tras o recurso da empresa que ata agora prestaba o servizo de rastrexo para o Sergas mediante contratos de emerxencia, o Tribunal de Contratos valida a adxudicación porque "os pregos que rexen a licitación non esixen, en canto á oferta técnica se refire, cal debe ser o contido exacto desta"
Feijóo acusa a BNG e PSdeG de usar a pandemia "politicamente" e teima en reprochar a Sánchez escaseza de vacinas
Con máis do 80% da poboación vacinada e á cabeza do Estado, o presidente di que Galicia é “a comunidade con menos vacinas por habitante”. Pontón advirte a Feijóo de que os médicos volverían a Galicia "con mellores contratos" e Caballero aféalle que a Xunta non sometese o certificado COVID á supervisión xudicial ata que así llo reclamou o Superior, varias semanas despois
Feijóo dá de baixa como deputados do PP a todos os membros do Goberno agás aos vicepresidentes Rueda e Conde
Rueda e Conde quedan como únicos membros do Consello da Xunta que, de agora en diante, poderían suceder ao presidente ata o remate da lexislatura. Tamén o podería facer calquera outro dos restantes 39 integrantes do grupo do PP na Cámara. Pouco antes de anunciar este movemento interno, Feijóo apelou a Pontón a "reflexionar máis sobre Galicia e menos sobre a UPG"
40 anos da odisea do 'Xurelo': "Debería figurar no calendario de vitorias de Galicia e da humanidade"
Hai catro décadas, un palangreiro de Ribeira liderou en solitario as protestas que acabarían cos vertidos radioactivos na Foxa Atlántica. Falamos co escritor e xornalista Manuel Rivas, un dos membros da tripulación daquela xa emblemática embarcación.
O Estado dá máis tempo para o pago da débeda do Porto da Coruña se Concello e Xunta mercan peiraos do centro da cidade
O goberno local desbota a condonación. Batería e Calvo Sotelo pasarán a pertencer nun 75% ao Concello, nun 20% á Administración autonómica e nun 5% a Autoridade Portuaria, que pagarán a compra ata 2035.
- Crónica
- Política
Todos os arquivos de Orozco
Seis anos despois de verse empurrado a abandonar a alcaldía de Lugo, Orozco está a piques de librarse da última da decena de imputacións xudiciais ás que se tivo que enfrontar, a maioría emanadas do xulgado que dirixía Pilar de Lara e arquivadas tras anos de espera. "O dano que me fixo é irreparable", "puxo en dúbida a miña honorabilidade", reflexiona o veterano socialista, quen coida que "aqueles que fixeron de xuíces en maio de 2015 no Concello de Lugo sentiranse avergoñados. Algúns xa me pediron desculpas", relata
Preparando unha alternativa a Feijóo?
Xesús Veiga
Feijóo remite a Abanca para explicar por que afirma que gañou a subvención da Xunta á instalación de caixeiros se non é oficial
"Se só hai unha entidade financeira que quere instalar un caixeiro nun concello, igual conclúe que o vai instalar o único solicitante, non debería estrañar a ninguén", conclúe o presidente. En realidade, a subvención da Xunta terá un único beneficiario para toda Galicia e non un por cada municipio onde se vaia ofrecer o servizo
O PSdeG lamenta que "cando en Galicia arden 1.500 hectáreas" Feijóo se limite a "dicir que é culpa dos pirómanos"
Gonzalo Caballero reclama en Ribas de Sil un "gran acordo polo rural e contra o lume" que abranga dende a potenciación das especies forestais autóctonas ata "contratos estables" para o persoal de prevención e loita contra os incendios
O BNG reclama unha comisión de investigación no Parlamento sobre o baleirado dos encoros
O Bloque pretende aclarar por que a Xunta non impediu a brusca baixada de nivel dos encoros malia coñecer as intencións das eléctricas e por que reduciu un 90% as posibles sancións ás empresas.
Baltar reconstitúe o bipartito co partido de Jácome na Deputación de Ourense
O retorno de DO ao goberno de Baltar a través do deputado Armando Ojea prodúcese escasos días despois da dimisión de Jesús Vázquez, principal dirixente do PP local crítico coa reconstitución do bipartito con Jácome no Concello. Ojea comezara o mandato como vicepresidente do barón popular, que o destituíu alegando "perda de confianza" no marco da ruptura do PP con DO no Concello