Feijóo cuestiona que Pontón defenda a Galicia e Caballero saiba de economía e lembra que el gañou as eleccións
“Somos os únicos que defendemos os traballadores”, di Feijóo a BNG e PSdeG tras acusar ambos grupos ao presidente de falta de política industrial. A portavoz nacional do Bloque critica que o titular da Xunta "se mova entre a submisión a Génova e a confrontación co Goberno do Estado" e o secretario xeral socialista pídelle sen éxito que identifique os proxectos prioritarios para que Galicia reciba fondos europeos