Política
- Enquisa
- Política
Sen vitoria clara de monarquía ou república nun eventual referendo aínda que a maioría ve a Casa Real como anacrónica
No conxunto do Estado, algo máis do 43% da poboación sería partidaria dun referendo sobre monarquía ou república, segundo a enquisa do Instituto 40dB. para a Plataforma de Medios Independentes. Nesa eventual votación, a opción republicana estaría lixeiramente por diante no conxunto do Estado e en Galicia ambos modelos roldarían o empate técnico
Abrindo a caixa dos papeis de Pandora
Xesús Veiga
A Xunta aluga unha ducia de coches de alta gama doce anos despois da campaña do PP contra o “luxo” de PSdeG e BNG
O Goberno galego ultima un ‘leasing’ de 4 millóns de euros en catro anos por 191 vehículos de distinto tipo, entre eles varios de representación fabricados en China
Feijóo dá por completada a Cidade da Cultura 20 anos e 350 millóns despois e aínda quedan obras pendentes
O presidente di que o remate do Edifición Fontán é “a culminación dun soño”, que mudou a respecto do que soñaron Fraga e Eisenmann
Pedro Sánchez anuncia un plan de saúde mental dotado con 100 millóns
O xornalista galego Anxo Lugilde, que presenta un libro sobre a súa loita contra a depresión, intervén no acto da Moncloa, alerta da falta de psicólogos, reclama máis recursos e pide maior atención ás persoas que viven soas.
Un lobby bo para un país que non acaba de crerse
David Reinero
O Barco volve pedir á Coruña que deixe de honrar o líder da represión franquista en Valdeorras no seu rueiro
O pleno aproba por unanimidade pedir ao goberno local coruñés que substitúa o nome da rúa Peñamaría de Llano polo de Mártires de Valdeorras, logo de pedir sen éxito hai xa dous anos que retirase calquera homenaxe ao ex-rexedor "coñecido polas súas crueis e asasinas accións ao servizo do franquismo".
A Xunta atribúe ás prioridades da sociedade que unha ex-alcaldesa do PP reciba 180.000 euros europeos para un negocio hoteleiro
O Goberno galego di que é o Grupo de Desenvolvemento Rural do que forma parte a ex-rexedora de Melide e diversas entidades sociais quen fixa os seus criterios e que a Xunta só supervisa que os proxectos seleccionados cumpren a normativa
O Estado ultima unha demanda polos bens de Patrimonio Nacional en Meirás, que acolle unha homenaxe ás vítimas do franquismo
O Goberno central aclara que a Avogacía do Estado apoiará o Concello de Sada na súa petición de estender a reclamación da titularidade pública a máis bens do Pazo.
O peche da peza central do caso Pokémon procesa o ex-edil Liñares e ratifica o arquivo das acusacións contra Orozco
Unha década despois de que a xuíza Pilar de Lara abrise o caso, o actual titular do xulgado conclúe que Fernández Liñares recibiu máis de 100.000 euros por facilitar a adxudicación ilegal do guindastre do Concello de Lugo á empresa asturiana Cechalva e atribúelle media decena de delitos
- Obituario
- Política
Morre no seu despacho o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez
Home de confianza de Feijóo desde hai dúas décadas, alto cargo con Fraga e funcionario do corpo superior desde 1985, o Goberno galego despídeo como “un traballador público que sempre estivo ao servizo do pobo de Galicia”