Política
O Supremo condena a Xunta por outro despedimento ilegal: "É claro que o cese puido producirse como represalia"
O alto tribunal considera que o Goberno galego colocou un indefinido nun posto de funcionario “como cobertura” para cesalo cando esa praza fose ocupada, como así ocorreu despois de que o afectado denunciase o ocorrido
O Concello de Lugo acusa o PP de "infundir temor" coas ocupacións e lembra que o teléfono da Xunta tivo 30 consultas nun ano
Os populares atribúe ao goberno local lucense de PSdeG e BNG un "efecto chamada" para ocupar vivendas ilegalmente tras casos nun barrio da cidade. Ate a petición dos PP dunha oficina de asesoramento para afectados por ocupacións, o voceiro municipal resalta que o servizo activado pola Xunta, "que ten as competencias na materia", recibiu apenas 30 consultas nun ano
Cabezas, ex-alcalde de Ourense, é absolto de prevaricación porque non está probado que fose “consciente” do que facía
A Fiscalía pedía para o político popular e para o seu concelleiro de Urbanismo sete anos de cadea e 2,8 millóns en indemnizacións por ‘perdoar’ a construtoras o 10% que debían ceder para uso público
A Xunta deixou de ingresar 3,7 millóns pola rebaixa de impostos ao xogo de azar en 2021
O Goberno galego presentara a súa rebaixa ao sector do xogo de azar como unha vía para paliar a "situación provocada pola pandemia", os peches de locais e as restricións ao seu funcionamento, máis flexibles que para outros sectores coma o hostaleiro. O mesmo informe de Facenda recolle que unha anterior rebaixa tributaria ao xogo de azar, en 2012, tivera un impacto nas arcas públicas de 3,86 millóns
A Valedora pide explicacións á Xunta pola falta de transparencia sobre o correo “spam” co que perdeu 293.000 euros
Os servizos informáticos néganse a explicarlle á Comisión da Transparencia por que non fan pública a súa análise do que ocorreu para que un aviso xudicial non fose atendido e supuxese a perda dun preito por sobrecustos na Cidade da Cultura
O teléfono 'antiocupacións' tivo 30 consultas nun ano e a Xunta vaino seguir pagando ao ver "satisfactorio" o resultado
O Goberno galego afirma que, aínda que poida semellar "discreto", o balance da liña 'antiocupacións' á que destinou 27.000 euros en 2021 é "acorde co agardado". Matiza agora que o das ocupacións "non é tanto un problema cuantitativo como cualitativo"
Galicia terá catro dos centros de atención 24 horas para vítimas de violencia sexual, financiados cos fondos europeos
Os centros son parte do plan aprobado polo Ministerio de Igualdade en 2021 e a Xunta prevé abrilos "na contorna das grandes áreas galegas de poboación". Neles "realizaranse intervencións psicolóxicas ou sociais presenciais, en liña e telefónicas" coas vítimas e persoas vinculadas con elas
A CRTVG nega as represalias contra un traballador polas que foi condenada e confirma que recorreu a sentenza
O xulgado anulou a sanción contra Carlos Jiménez, a quen a CRTVG acusaba de incorrer nunha incompatibilidade, e sinalou que fora unha "resposta" aos xuízos que gañara á empresa e á súa participación nos Venres Negros. O director xeral mantén que a sanción contra Jiménez foi ben formulada dende unha óptica "estritamente laboral" e resta valor a que a sentenza sinale que o traballador sufriu represalias porque "se concluíu en base a indicios"
O Porto de Marín ameazou con subir taxas a outros barcos e mercadorías se Ence marcha da zona
O Consello Consultivo considerou “viable” a proposta da Xunta de que a factoría se inclúa en terreos portuarios amparado nun informe da Autoridade Portuaria que a considera un “uso portuario” polo seu efecto sobre as súas propias contas
Feijóo encomenda a nova Delegación da Xunta en Ferrol a unha edil do PP e di supoñer que o seu custo será “comedido”
O presidente traslada a reunión semanal do seu Goberno a Ferrol, anuncia a remodelación da sede administrativa nesa cidade e asegura que aínda non pensa na candidatura do seu partido para as municipais de 2023
Congreso e Senado instan a evitar paralizacións irregulares de obras como as que atrasaron o AVE galego en 2016 e 2017
Dous anos despois de que o Tribunal de Contas emitise un informe moi crítico coa mala xestión da alta velocidade durante o Goberno de Rajoy as Cortes piden agora a Adif diversas melloras