- Crónica 40 anos do Estatuto
- Política
Aniversario ás agachadas polos 40 anos das primeiras eleccións galegas (sen politizar)
A maioría das conmemoracións polo 40º aniversario do Estatuto e das primeiras eleccións consisten en sinxelos actos institucionais con xuristas ou algúns cargos da época, a maioría en horario de mañá, entre semana e en recintos pechados ao público xeral. Está a haber escasísimo oco para analizar os conflitos políticos e sociais da época e aínda menos para popularizar a conmemoración entre a sociedade