Audasa recibirá 13,8 millóns pola rebaixa ilegal de Rande e A Barcala decidida por Rajoy en 2017
O Supremo obriga ao Estado a pagar xa esa débeda con independencia de que noutra causa xudicial se determine se a Xunta ten que asumir a metade
O Supremo obriga ao Estado a pagar xa esa débeda con independencia de que noutra causa xudicial se determine se a Xunta ten que asumir a metade
A portavoz nacionalista critica que o presidente “pretenda falar con todo o mundo” menos co Parlamento e o popular aposta por un sistema “multilateral” fronte a un BNG ao que acusa de privilexiar a Catalunya
O Consejo de Seguridad Nuclear di que a conclusión preliminar é que España cumpre os requisitos previstos de medicións no litoral, a centos de quilómetros das augas internacionais nas que están os bidóns cos vertidos nucleares
A Deputación de Pontevedra comeza a publicar en internet centos de fotografías da 'Jefatura do Movimiento Nacional' achadas nos seus arquivos para contribuír a "poñer luz na memoria". Faino en vésperas da celebración, o vindeiro 5 de novembro, da 'Gala da memoria' no Pazo da Cultura pontevedrés
Javier Guerra e Elena Muñoz, previamente enfrontados entre si e os dous con derrotas ás súas costas, encabezan unha candidatura apoiada por outros cargos públicos fronte aos movementos de Marta Fernández-Tapias co apoio de Alfonso Rueda
A planta de gas demanda nos xulgados un suposto cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas e provoca a indignación do alcalde popular, que amosa a súa "decepción, sorpresa e desacordo" coa compañía.
Impulsado polas medidas ligadas ao Xacobeo e á pandemia, o orzamento de Turismo sobe un 10% en 2022 fronte ao 5% que ascenderá Cultura, consolidando a primacía das partidas da área turística sobre as da cultural. Boa parte do incremento do orzamento turístico son fondos para o Xacobeo, a promoción turística a través dos concellos e achegas a empresas do sector dentro do "plan de choque" pola COVID
A Xunta publica no DOG o documento final tras sete anos de traballos para actualizar o anterior, que databa de 1992 e foi incumprido
O estudo divulgado pola propia rede social admite que, na maioría dos Estados analizados, as mensaxes de opcións políticas de dereita son máis "amplificadas". Cando a páxina de inicio de Twitter está rexida polo algoritmo, os tweets do PP son amosados "a unha audiencia tres veces maior que a que acadan nas liñas de tempo cronolóxicas"
O Goberno galego tamén autoriza nas zonas de maior valor ecolóxico da Rede Natura peches e valados opacos e mesmo de formigón se están "debidamente revestidos e pintados"