Política
A Xunta reduciu este ano un 90% o importe da sanción por baleirar encoros que agora propón para Naturgy e Iberdrola
O Goberno galego basea as sancións nun regulamento de 1997 derrogado parcialmente dende este 2021 pola nova lei de pesca continental. Naquela norma, a infracción da que acusa ás dúas empresas estaba cualificada como moi grave e multada con entre 30.000 e 300.000 euros. Agora, a sanción máxima son 25.000
O reto do BNG
Xoán Antón Pérez-Lema
Ana Pontón e a encrucillada nacionalista
Manuel Vázquez
A sanción da Xunta a Iberdrola e Naturgy por baleirar encoros limitaríase a 100.000 euros, o 0,002% dos seus beneficios anuais
No ano 2020 Iberdrola tivo un beneficio neto de 3.610,7 millóns de euros, mentres que Naturgy tivo un resultado positivo de 872 millóns de euros en termos ordinarios. O Goberno galego volve cargar contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, na que descarga a responsabilidade de non impedir os baleirados
A aguilloada de Ana Pontón
Tras lograr en 2020 lograr a representación parlamentaria máis ampla da historia do BNG, Pontón fixou o reto de pelexar pola presidencia en 2024. Esa formulación contribuíu a que causase máis sorpresa o anuncio de "reflexión" sobre o seu papel futuro, en vésperas da Asemblea Nacional. A súa contorna afástao de calquera escenario de crise e voces internas encádrano entre a reivindicación do equipo que se puxo á fronte da formación tras a súa peor crise e a aposta por orientar a estrutura e estratexia política do Bloque cara á consecución do Goberno
A nova definición da UE das zonas en declive demográfico constata o problema de Galicia e ábrelle a porta aos fondos para palialo
O investigador galego Serafín Pazos impulsou a inclusión do concepto de áreas en crise demográfica no regulamento, que permitirá a máis de 180 concellos optar a fondos específicos da UE para afrontar a perda de poboación.
O ex-conselleiro Jesús Vázquez dimite como edil en Ourense e senador tras o retorno do PP ao bipartito con Jácome
O ex-alcalde confirmou a súa marcha da política activa no pleno municipal de Ourense, onde rompeu a disciplina de voto cos socios do bipartito presidido por Jácome, a cuxa reconstitución se opuxo abertamente. Vázquez saltou ao primeiro plano da política galega en 2009 como primeiro conselleiro de Educación de Feijóo. Foi o responsable de aplicar controvertidas medidas como o 'decreto do plurilingüismo', os recortes no ensino ou despregar a 'Lei Wert'
O Estado acusa a Xunta de "mentir e manipular" por negar que fose advertida do baleirado dos encoros
A Consellería de Medio Ambiente abre expediente á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no mesmo día no que se coñece que a Administración galega obviou os avisos de Iberdrola sobre o baleirado en Cenza e As Portas.
A Xunta clama por que Ence siga en terreos públicos da ría de Pontevedra malia á sentenza da Audiencia Nacional
O vicepresidente Conde mantén, tras un encontro con persoal de Ence, que teimará en que a pasteira siga na ría e di non ver "real" o posible traslado, que Feijóo prometeu durante anos. O Goberno de España insta á Xunta e á empresa a elaborar os "informes que comprometeron" sobre as alternativas tras a sentenza e o BNG propón crear un consorcio público-privado da industria forestal seguindo modelos nórdicos que, subliña, pode saír adiante "con ou sen Ence"
A Xunta ten paralizado dende xaneiro o rexistro no que a lei a obriga a publicar os acordos con empresas e outros gobernos
A Xunta ten dende 2006 a obriga de publicar en internet relacións dos convenios que asina e datos básicos como a súa dotación económica. Dende 2016, a normativa contempla tamén a divulgación de documentación deses acordos. En anteriores ocasións nas que mantivo paralizada a actualización deste rexistro, a Xunta alegou falta de persoal para poder mantelo ao día
O novo plan para a desescalada na hostalaría permitirá a reapertura das barras nos bares
Xunta e sector negocian un novo protocolo que Sanidade espera que quede aprobado a vindeira semana.