O director xeral da CRTVG acusa traballadores de alegar persecución ideolóxica por "intereses persoais"
Sánchez Izquierdo nega represalias a profesionais polo seu posicionamento político ou reivindicacións, como denuncia a oposición.
Sánchez Izquierdo nega represalias a profesionais polo seu posicionamento político ou reivindicacións, como denuncia a oposición.
“Sorpréndeme a facilidade para determinadas manifestacións e a dificultade para outras, e soe coincidir con se hai representantes estatais ou non os hai”, di o presidente preguntado polos obstáculos ás protestas de varios colectivos ante o foro que se celebra na Toxa
Tras máis dun ano de espera, durante o cal a Xunta reclamou miles de euros a persoas sen recursos que percibían a Risga e accederon ao IMV, Política Social lanza a reforma da lei de inclusión para introducir "melloras na xestión" das prestacións e achegar "seguridade xurídica", pero sen aclarar se prevé que sexan compatibles, como prevía o Estado
Na súa presentación de resultados do segundo trimestre de 2021, a primeira tras a sentenza, a papeleira detalla á CNMV e aos seus accionistas actuais e potenciais os seus plans tras a anulación da prórroga por parte da Audiencia Nacional. Ningún deles contempla a posibilidade de que a factoría pase a ser considerada parte do porto de Marín e asume que se o Supremo non atende o seu recurso, "non poderá seguir operando" en Lourizán e tería que desmantelar a fábrica entre 2023 e 2024
O goberno lucense aproba solicitar fondos Next Generation para peonalizar o 15% da contorna histórica aínda aberta ao tráfico rodado e converter o interior da Muralla nunha das zonas de baixas emisións obrigatorias en virtude da lei do cambio climático dende 2023. O proxecto, sinala Lara Méndez, implica "maiores zonas axardinadas e de arborado" con "peonalizacións adaptadas ao cambio climático"
“Somos os únicos que defendemos os traballadores”, di Feijóo a BNG e PSdeG tras acusar ambos grupos ao presidente de falta de política industrial. A portavoz nacional do Bloque critica que o titular da Xunta "se mova entre a submisión a Génova e a confrontación co Goberno do Estado" e o secretario xeral socialista pídelle sen éxito que identifique os proxectos prioritarios para que Galicia reciba fondos europeos
Pensado para financiar a aposta polo transporte público que supón o novo complexo intermodal, aínda non rematado, o ministerio asume que vai “incrementar a intensidade de tráfico”
O órgano consultivo avalou en 2000 a prórroga da concesión agora cuestionada pola UE pero hai dous meses salientou o “significativo aforro económico” que suporía recuperar a infraestrutura no canto de subvencionar as viaxes
Pontón mantén que, con esta campaña, o BNG quere sinalar a "conivencia" do PP co "lobby eléctrico", mais tamén amosar que o Bloque "non deixará de dar a batalla" por medidas como unha tarifa eléctrica galega ou a creación dunha empresa pública que asuma as concesións hidroeléctricas que caduquen
O alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña formalizará a súa candidatura nun acto con militancia este 30 de setembro. Partidarios de Formoso manteñen que o lanzamento da súa candidatura ten o beneplácito da dirección federal do PSOE. Caballero reitera os chamamentos á "integración" e non ve proxecto "alternativo" con máis "capacidade e ilusión" ca o seu
PP, BNG e PSdeG apoian a iniciativa impulsada pola Mesa para que o galego sexa incluído nas medidas de protección da dobraxe, da lexendaxe, das audiodescricións e do financiamento anticipado establecidas para o castelán.