O que di o plan remitido polo Goberno de España á Comisión Europea sobre o "pago por uso" de autovías
Un dos documentos remitidos polo Goberno de España no marco dos fondos europeos de recuperación exemplifica que a implantación do "pagamento por uso" comezaría eventualmente "unicamente" en vías "de alta capacidade" como as autovías e "a implantación efectiva poderíase realizar no ano 2024". O proxecto, con escasas concrecións, apunta a unha eventual aplicación sobre o sector do transporte e a posibles bonificacións