Política
A folga xeral paraliza Ferrolterra, Eume e Ortegal, que piden aproveitar os fondos da UE para a reindustrialización
Os sindicatos cualifican de "éxito rotundo" o paro nas comarcas, que reclaman ao Goberno central e á Xunta que "poñan alternativas" de maneira "urxente" ante a "decadencia" e o declive industrial da zona.
A xustiza condena o ex-presidente da Confederación Hidrográfica a cinco anos de cárcere por suborno e prevaricación
A sentenza da Audiencia Provincial considera probado que Fernández Liñares pactaba con empresas a adxudicación de contratos que amañaba a cambio de cartos ou traballos nas súas propiedades.
O Goberno central aínda non ten data para o desconto na AP-9 e Feijóo agradece que por “primeira vez” haxa unha rebaixa xeral
O ministro de Transportes, José Luis Ábalos, ábrese a “algunha flexibilización da débeda” do Porto da Coruña e asegura que en abril encargará un novo estudo de alternativas para a saída sur ferroviaria de Vigo
O Estado dá marcha atrás e recorre para evitar pagar aos Franco polo Pazo de Meirás
O Goberno central advirte agora de "erros de interpretación" no ditame da Audiencia Provincial e que nel se "afirma erroneamente" que se recoñecera a posesión de "boa fe" por parte dos herdeiros do ditador.
Con Google Maps e un minuto por parada: así deseñou a Xunta o contrato de transporte escolar que anula polos seus “erros”
O concurso de 40 millóns ao ano convocado por Educación contemplaba un 10% de sobrecusto para imprevistos, pero os “erros non subsanables” agora detectados aumentarán aínda máis o seu importe
BNG e outras nove forzas piden no Congreso acabar coa "imposición" do castelán e a "discriminación" do galego
Bloque, Unidas Podemos, Bildu, ERC, PNV Junts, PDeCAT, a CUP, Más País e Compromís defenden unha iniciativa de entidades en defensa das linguas propias para que todas elas gocen do mesmo recoñecemento có español.
Feijóo di que sen emprego non pode lograrse a igualdade das mulleres e Pontón pide non cuestionar o dereito a manifestarse
O presidente da Xunta defende “30 anos” de traballo do PP galego contra o machismo. Gonzalo Caballero lamenta que o titular do Gboerno galego non responda ás súas propostas e Feijóo respóndelle que non lle pediu ningunha entrevista
A Xunta anula o concurso de 81 millóns para o transporte escolar dos próximos dous anos e admite "erros" e "confusión considerable"
A Consellería de Educación asume que as condicións que establecera non garantían “o correcto funcionamento” do servizo e agora terá que gastar máis
A Xunta ten que pagar 237.000 euros máis ao ano á concesionaria do hospital de Vigo porque non tivo en conta comisións financeiras
O Sergas é condenado a asumir o sobrecusto que lle supuxo á empresa obter no mercado os cartos para un complexo duns 300 millóns de euros polo que o Goberno galego pagará mil millóns en 20 anos
A investigación da fusión das caixas volve quedar conxelada e acumula tres meses sen trámite ningún
Durante uns cinco anos, a comisión de investigación mantívose inactiva por vontade do grupo maioritario da Cámara, o PP, que alegara a necesidade de "arrefriar o debate". Logo das últimas eleccións galegas, no pasado mes de outubro a Cámara abriu a comisión por terceira vez, pero axiña volveu deterse.
Liberdade! Liberdade! Pero, para que?
Martín Álvarez Rodríguez