A Xunta financia un teléfono 'antiocupación' e aproba un orzamento de vivenda un 60% inferior ao de 2009
Na véspera da presentación dos orzamentos da consellería con competencias en vivenda, a Xunta autorizou o financiamento público dunha liña telefónica de "asesoramento gratuíto" para "afectados por ocupación ilegal". A conselleira afirma que "garantir o acceso á vivenda" é unha das prioridades do departamento mentres BNG e PSdeG reprochan a ausencia de vivenda pública de alugueiro e as iniciativas "populistas" sobre ocupacións