Feijóo defende a "eficacia na xestión" da "versión galega da autonomía" no único acto da Xunta polo Día Nacional
Dende hai sete anos, a Xunta entrega a súa Medalla na véspera do Día Nacional. Neste 2020, o galardón distinguiu ao persoal sanitario pola crise da COVID-19. Inés Rey defende un "coruñesismo profundamente galeguista" no recuperado acto do Concello da Coruña previo ao Día Nacional e Abel Caballero advirte de que "se Vigo tira, Galicia tira", na conmemoración celebrada polo consistorio vigués