Política
O PP disponse a desaloxar o BNG da alcaldía de Castrelo de Miño apoiándose en dous tránsfugas
O PP apela á "normalidade democrática" para desaloxar da alcaldía o Bloque, primeira forza nas eleccións municipais na vila dende 2011. A dirección do BNG ve de "enorme gravidade" a operación e pide a intervención das direccións do PP e do PSdeG, cuxa Executiva provincial afirma que non pode "facer outra cousa que expulsar" os tránsfugas "por traizón e deslealdade" ao participar nunha "compra de vontades" que atribúen a Baltar
A Xunta activa o bono de 250 euros para gasto turístico do persoal sanitario, polo que Sanidade se desculpou
Malia ás protestas do persoal e tras as desculpas da Consellería de Sanidade, o Goberno galego en funcións segue adiante co bono turístico e finánciao inicialmente con 5 millóns de euros. O bono concrétase como subvención mediante unha tarxeta de Abanca de 250 euros para persoal sanitario e de servizos sociais que traballase entre o 15 de marzo e o 15 de xuño
Arredismo, outra Galiza
Iolanda Teixeiro
Case a metade das leis que promete o PP na nova lexislatura xa as anunciara para a anterior
Tras pechar a lexislatura de menor produción lexislativa da historia da autonomía, os populares volven comprometer normas como as de impulso demográfico e do xogo, prometidas para 2018 e aínda pendentes, e deixan de prever as de emprego e patrimonio, anunciadas para 2017
- Entrevista | Francisco Leira Memoria antifranquista
- Política
"Non se pode xeneralizar sobre o exército franquista: houbo resistencia activa e quen só quixo salvar a vida"
O historiador ferrolán publica 'Soldados de Franco', obra baseada nunha premiada tese que racha co mito duns combatentes convencidos e conclúe que moitos nin compartían a ideoloxía dos superiores nin desexaban conflito ningún.
Non, o PPdeG non é o PNV
Juan Carlos Piñeiro
Gonzalo Caballero aposta por un novo PSdeG "galeguista, enraizado no país e autónomo"
O PSdeG-PSOE levou a cabo o seu tradicional acto en Rianxo polo Día Nacional de Galicia, no que realizou unha ofrenda a Castelao. O secretario xeral da formación destacou que "socialismo e galeguismo" son as dúas caras "da mesma moeda" e subliñou que “Galicia é
a nosa causa”.
Pontón celebra os resultados do 12X pero advirte de que son "un punto de partida" e que "haberá goberno do BNG"
O Bloque 'expande' os actos do 25 de xullo polas sete cidades galegas e fai un chamamento a sumar "máis galegos e galegas" ao seu proxecto, mesmo as persoas non nacionalistas. "Dirixámonos con sorriso e man tendida a todas aquelas persoas que queren un futuro mellor para o noso país", di Ponton
Coerência discursiva para lograrmos a independência e o socialismo
Anjo Formoso Varela
Cen anos de 'Día de Galicia' no esquecido Día Nacional
Non hai celebración ningunha do Día Nacional por parte da Xunta tampouco neste 2020, cando se fan cen anos dende a primeira vez que o 25 de xullo foi conmemorado como "Día de Galicia" por impulso das Irmandades da Fala, cando se propuxeran "facer canto seia abranguibre, para que dentro de poucos anos, non haxa fogar galego, aldeán ou vilego, que deixe d'esteriorizar o seu patriotismo no Día de Galicia"
O BNG leva o 'Día da Patria' ás sete cidades, nun acto político "expansivo" que quere abrir ás persoas non nacionalistas
Ademais do tradicional mitin da Praza da Quintana, precedido por unha marcha dun milleiro de persoas dende a Alamaeda, as outras seis urbes acollerán cadanseu encontro, que conectarán en directo coa transmisión dos discursos realizados en Compostela