Caballero ve máis razóns para o cambio ao constatar que "Casado quere gañar en Galicia para derrocar o Goberno de España"
"Fronte ao relato do PP de que as eleccións están gañadas, a xente quere cambio en Galicia", afirma o líder do PSdeG
"Fronte ao relato do PP de que as eleccións están gañadas, a xente quere cambio en Galicia", afirma o líder do PSdeG
"O que nos xogamos o 12 de xullo é que resposta imos dar á crise: ou sálvese quen poida ou non deixar a ninguén atrás, ou PP ou PSdeG", afirma o líder do PSOE e presidente do Goberno de España, e "para iso hai que votar a Gonzalo Caballero como presidente da Xunta". "Eu non me resigno ao relato da dereita; hai outra Galicia posible e unha maioría de progreso na que a referencia do cambio é o PSdeG", proclama o candidato
“É a persoa que protexeu esta terra”, di do candidato o presidente estatal do PP, ao que Feijóo presenta como un “partido de Estado” que axudará á recuperación
A autoridade electoral acepta a denuncia do PSdeG no relativo á inclusión de imaxes co logotipo da Xunta na web do PP e ordena a súa retirada sen impoñer sancións
O listado de promesas populares condiciona actuacións urbanas a que acheguen cartos os concellos, as deputacións e o Estado, ao que reclama tamén conectar Lugo co AVE malia prometer Feijóo en 2009 facelo el e despois pasar a factura
A candidata do BNG citou á prensa en Chorente (Sarria) acompañada dos seus pais no inicio da carreira electoral cara ao 12X. Asegura ver "posibilidades reais de que se poida producir un cambio" de Goberno: "Nunca vivira o que agora estou sentindo na rúa"
O Executivo aprobou este venres un Fondo de Reserva de 600 millóns para que as empresas subscriban contratos de compravenda de electricidade a medio e longo prazo, abaratando o seu prezo. Ademais, o candidato do PSdeG comprometeuse en Lugo a estudar a intervención pública na factoría de San Cibrao para salvar os postos de traballo
O alcalde de Vigo reclama ao Goberno galego que cumpra a Lei de Memoria Histórica e tape o emblema e pregúntase “cantos partidos gobernan alí na Xunta con Feijóo, pero máis dun debe haber”
A conselleira de Infraestruturas convoca aos medios en Ourense para “supervisar” o funcionamento dunha tarxeta de transporte precargada mentres o DOG permite ás empresas que “non se cumpran certas características por parte dos vehículos” durante máis tempo do previsto
O accidente de tren do Porriño frustrou que o primeiro mitin de 2016 fose nun enclave agarimado polas administracións que controla o PP
Comeza unha carreira electoral que vai transcorrer por terreo descoñecido no formal e no político por mor da pandemia e cunha bolsa de electorado indeciso moito máis ampla do habitual. O PP chama os seus a non confiarse e a esquerda alenta o seu electorado advertindo de que desta volta si é posible un cambio de Goberno en Galicia