Política
- Crónica
- Política
Medicina ou o pavor político a tocar o estrutural
Do apego á estabilidade ao pánico a calquera mudanza estrutural pode haber politicamente poucos pasos. Case os mesmos que separan a tendencia a non inserir cambios bruscos e a inclinación a afrontar os problemas pendentes mediante parches e non con reformas de raíz. Unha cuestión pendente con raíces tan longas -cando menos- como as catro décadas de autonomía maniféstase no conflito pola carreira de Medicina, freado cun aquel de parche temporal a piques de quebrar
Ferrol esixe tren digno cun histórico e unánime clamor
Milleiros de persoas secundan o chamamento do Foro Cidadán polo Ferrocarril. A recuperación de frecuencias e as melloras das liñas cara á Coruña e á Mariña, na cerna dunhas reivindicacións que claman por que o tren deixe de "obviar a mobilidade das nosas comarcas"
O PP de Feijóo tenta frear o galego e a linguaxe inclusiva na lei de atención á clientela
A norma obrigará a atender en calquera das linguas oficiais ás empresas que dirixan os seus servizos ás autonomías atinxidas por esa oficialidade, pero os populares buscan que só sexa obrigatorio se as compañías están instaladas nelas en emendas onde tamén reclaman que o termo "clientela" sexa remudado por "cliente". O BNG reivindica "o respecto aos dereitos lingüísticos" como unha das súas achegas ao texto lei e censura que o PP tente "negar o dereito da cidadanía a ser atendida en galego" e vaia contra a lei de igualdade
- Datos
- Política
Xiro á dereita na xuventude galega? Máis en mozos que en mozas, menos que no resto do Estado
O CIS amosa un progresivo desprazamento cara á dereita da poboación dende o ano 2019 que afecta especialmente ás xeracións máis novas e, sobre todo, aos homes. En Galicia tamén se detecta o fenómeno, pero de forma máis limitada. Destaca tamén unha viraxe á esquerda da poboación de máis idade.
Besteiro olla ás municipais cun chamamento á "unidade total" dende o PSdeG lucense
O líder do PSdeG apela no comité provincial do partido en Lugo a "acadar a velocidade de cruceiro" en "contraste cun PP que só aparece para a foto" e "usa a provincia como decorado electoral para despois abandonala"
Pontón propón no Culturgal subir o orzamento cultural da Xunta ao maior nivel en 15 anos
O BNG promove sumar 15 millóns ás contas de Cultura para 2026: 10 para "internacionalización" abrindo o Instituto Rosalía de Castro e 5 para un proxecto de impulso ao sector. A líder soberanista insta a Xunta a "actuar" ante o novo peche promovido polo dono de Sargadelos: "Ten consecuencias económicas" e "ademais afecta a símbolos nacionais de Galiza".
Ferrolterra cansou de agardar polo tren e lanza un berro unánime contra a "marxinación"
O Foro Cidadán polo Ferrocarril consegue o apoio de todos os partidos políticos, sindicatos e entidades sociais e culturais relevantes da área de Ferrol, Eume e Ortegal para reclamar uns servizos ferroviarios "do século XXI" que poñan fin á "discriminación" do norte da provincia da Coruña. Unha manifestación este domingo volve reivindicar unha demanda histórica: "Xa abonda de laiarnos; queremos solucións e non daremos un paso atrás".
"Está en risco a separación de poderes": a Xunta eleva o ton ante o "boicot" aos eólicos
Tras sucesivas críticas ao TSXG por parar cautelarmente proxectos mentres analiza a súa legalidade, a conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, advirte agora do "risco que supón instrumentalizar o dereito para bloquear proxectos industriais"
O "non" de PP, Vox e Junts impide a Galicia dispor de 280 millóns máis ata 2028
O Congreso rexeita a senda de estabilidade orzamentaria formulada polo Goberno de España, que permitía ás autonomías incorrer nun déficit do 0,1% anual nos vindeiros tres anos e daba á Xunta unha marxe de gasto adicional de case 89,8 millóns en 2026; 93,6 en 2027 e 97,3 no 2028
Nova condena de Educación por non actuar ante denuncias de acoso laboral
A Xunta ten que indemnizar unha profesora por tardar máis de oito meses en activar o protocolo de acoso laboral tras unha denuncia, logo de que en agosto fose condenada por arquivar outro caso incumprindo tamén ese protocolo
A Danza dos Camaleóns: O 'Continuum' do Poder en España
Gonzalo Amoedo López