Manzaneda, oitava alcaldía que gaña o PP con mocións de censura apoiadas en tránsfugas ou independentes
O socialista Amable Fernández deixa o bastón de mando tras o apoio de dous ex-edís do PSOE á iniciativa dos populares. Besteiro denuncia a "compra de vontades" o PSdeG de Ourense advirte de "prácticas e manobras caciquís coma nos tempos máis escuros do baltarismo".