Mocións de censura e dimisións outórganlle ao PP cinco novas alcaldías no ecuador do mandato municipal
O cambio de cor política en Cambre súmase aos producidos noutros seis concellos galegos dende 2023. En catro foi a través de mocións de censura (O Irixo, Muxía, Outes e Viveiro) e no Valadouro, Mondariz foi por dimisión do rexedor. Máis de 58 mil galegos e galegas están gobernados por unha formación distinta á que foi elixida inicialmente. O PP é o partido máis beneficiado por estes cambios.