Política
Máis de vinte espazos que fan Lugar de Memoria a Ferrol, "cidade de loita obreira e resistencia"
O BOE publica este venres o inicio do procedemento para incluír a urbe na listaxe de Lugares de Memoria Democrática do Estado e xustifica a súa decisión por ser zona onde "conviven os espazos de violencia cos de dignidade e reconstrución cívica". Sinala 22 localizacións "emblemáticas" relacionadas coa loita antifranquista e pola democracia.
A nova atención primaria que rexeita o persoal sanitario: "O Sergas quere volver aos 90"
Sindicatos, organizacións profesionais e colexios médicos piden a "retirada inmediata" da proposta da Consellería de Sanidade para o novo modelo nos centros de saúde e nos PAC, que xa provocou a convocatoria de varias folgas. A homologación dos títulos a profesionais extracomunitarios, a reconversión das prazas á de facultativo especialista ou a inclusión dos sábados na atención continuada centran as críticas dun texto cun rexeitamento unánime.
Preacordo para descentralizar Medicina: UDC e UVigo terán unidades docentes
Os tres reitores e a Xunta anuncian un pacto para a descentralización en tres anos da docencia que se revisará anualmente. As demandas de título propio quedan en suspenso, aínda que as universidades coruñesa e viguesa aclaran que só "adían" a súa reclamación.
Cacharro: o PP volve ler o 'Evanxeo segundo San Marcos' do que renegou
"Falar con Cacharro" significou todo durante décadas en Lugo porque o poder personificado era o presidente da Deputación. Gran facedor para uns, cacique para outros, só cedeu o bastón de mando cando o obrigaron as confabulacións dun PP que despois perdeu a institución, afastouno e o deixou só, pero que agora o homenaxea no décimo aniversario da súa morte nun acto encabezado por Rueda no que dan por saldada a "débeda" sen "rancor"
A Xunta quedou con 47.000 euros dun provedor ao que pediu documentos que "xa tiña nos seus arquivos"
A empresa reclamara xuros polo atraso en cobrar 3.420 facturas e o Sergas esixiulle certificar as datas nas que llas pagara, o que para o TSXG é "contrarios ao principio de boa administración calidade dos servizos públicos"
O BNG denuncia incumprimentos masivos das concesionarias de bus permitidos pola Xunta
"Só 6 das 129 concesións cumpren cos quilómetros que teñen que facer ao ano", din os nacionalistas, que falan de empresas con "incumprimentos do 30%" ás que o Goberno galego vai dar máis axudas pola "excepcional situación económica"
A Xunta nega ter competencia ferroviaria ante a posible implantación do tren de proximidade
O Estatuto dá a Xunta competencia exclusiva en "vías férreas non incorporadas á rede do Estado", isto é, nas que o Goberno de España lle transfira ou nas que cree o propio Executivo galego. Tras renunciar ao prometido Ente Ferroviario Galego e tres meses despois de crear un novo departamento de "Loxística e Instalacións Aeronáuticas e Ferroviarias" , responde ao PSdeG que "non ten competencias en materia ferroviaria" pero "sempre apoiou a creación dunha rede de trens de proximidade" como a que o Estado estuda lanzar en Galicia
Rueda admite que un terzo das citas de Primaria tardan máis de catro días
Pontón non logra que o presidente lle diga canto tivo que agardar na súa última cita nun centro de saúde e Besteiro atribúese a paralización de Altri cando Rueda o acusa de estar ao servizo de Sánchez
A Xunta mobilizouse en pleno verán para que Feijóo construíse o seu antigo chalé en Moaña ocupando vía pública
A ocupación dun camiño cun muro foi xustificada "por seguridade" do presidente, pero tamén comparada co uso de terreo público para supresión de barreiras a persoas con discapacidade. Malia as demoras que experimentan todo tipo de trámites da administración autonómica, a directora xeral de Urbanismo e a policía adscrita ao Goberno galego reaccionaron en poucos días para desbloquear a segunda residencia do líder popular.
Baleira, un concello sen alcalde
Manuel Vázquez
Lingua, a prol dunha canle de TVE en galego
"Vimos de ver como Televisión Española firmou un convenio coa Generalitat para a creación dun canal xeneralista en catalán e vemos significativo que este compromiso se estenda a todas as linguas oficiais", salienta Valentín García na constitución do novo Consello das Linguas Oficiais do Estado, onde a RAG tamén reclama que "se axilice a incorporación do galego" a RTVE, especialmente na canle infantil, e o delegado do Goberno de España en Galicia pide á Xunta "máis implicación e ambición nas políticas lingüísticas"