A UDC ofrece frear a demanda da carreira de Medicina se a Xunta a descentraliza en dous anos
O Consello de Goberno da universidade coruñesa aproba a declaración de interese, outro paso máis para impartir o grao, pero tamén unha proposta para deixar en suspenso ata maio de 2027 a súa demanda se Goberno galego, USC e UVigo aceptan o seu plan de descentralización. O incumprimento do pacto ou a chegada da privada suporía reactivar a implantación do título propio.