"Para recuperar dereitos e por dignidade": dous días de folga e mobilizacións do profesorado
CIG-Ensino, canda a STEG e co apoio da CUT, convoca dúas xornadas de paro os vindeiros martes e mércores, unha cadea humana para rodear San Caetano e manifestacións nas catro capitais provinciais. Baixadas de ratios, mellor atención á diversidade ou un incremento retributivo para o persoal docente, entre as principais reclamacións.