A Xunta volve conxelar o complemento das pensións non contributivas en 18 euros ao mes
A axuda foi creada en 2008 por PSdeG e BNG, Feijóo tivo que rectificar o seu intento de eliminala en 2010 e Rueda só a subiu en 2023
A axuda foi creada en 2008 por PSdeG e BNG, Feijóo tivo que rectificar o seu intento de eliminala en 2010 e Rueda só a subiu en 2023
O conselleiro de Sanidade responde á ministra que ve "improcedente" remitir a información porque o sistema informático para facelo aínda non está desenvolvido e afirma que "todas as comunidades gobernadas polo PP" teñen bos resultados. A negativa, confirmada nunha carta redactada en termos case idénticos ás enviadas polas demais autonomías do PP, contrasta con múltiplas exposicións públicas nas que Sanidade evidencia bos resultados dos seus cribados
Praza.gal revelou que o Goberno galego deu á herdeira do trono o seu máximo galardón sen tramitar ningún expediente previo, e agora muda a normativa para podelo facer así cando a proposta parta da presidencia da Xunta
O Goberno galego muda a normativa de acceso á información pública e limita as voces críticas cos seus reiterados incumprimentos. O Executivo adoita responder peticións de datos con silencio administrativo, ante o que a alta comisionada viña tomando decisións favorecedoras para a cidadanía que reclama
A partida de vivenda medra un 25% nas contas públicas entregadas polo Goberno galego á Cámara, que soben un 21% na área que financia medios contra os incendios e avanzan apenas un 1,6% no eido educativo. Diminúen as axudas para eficiencia enerxética e tamén a partida de turismo pola redución de fondos para o "turismo sostible no ámbito local", que son transferidos aos concellos
A lei de acompañamento que o Goberno galego vai aprobar cos orzamentos elimina esixencias e restricións en diversos ámbitos, desde o xogo de azar ata os chiringuitos
A proposta da Academia para o cambio na denominación oficial de doce concellos foi aprobada pola Xunta en xullo pero aínda debe ser levada ao Consello para virar en oficial. Académicos explicaron á veciñanza da Cañiza o pasado sábado as razóns do cambio á forma "xenuinamente galega" da 'Caniza', documentada desde a Idade Media e na obra de frei Martín Sarmiento e viva na fala da xente máis vella.
A lectura do resultado dos comicios locais de 2027, que precederán ás eleccións ao Parlamento galego, dependerá en boa medida do control das catro deputacións. Todo pode pasar, tendo en conta que as maiorías están moi axustadas e que o particular sistema de elección dos deputados pode desnivelar a balanza por movementos a nivel local ou comarcal. Nos últimos meses o PP está a levar acabo numerosas operacións para facerse con alcaldías en partidos xudiciais que serán clave para o reparto.
Fabiola García, conselleira de Política Social, visitou este sábado Ribeira para anunciar a licitación do equipamento que a Xunta paralizou en xuño. O BNG acusa o Goberno galego de "utilizar os cartos públicos para chantaxear os concellos que non son da súa cor" e sinala que o anuncio "chega despois de meses de parálise e de escusas inxustificadas"
A Comisión Europea asegura que supervisará os resultados da misión realizada este verán por Francia pero lembra que "o Tratado Euratom non confire o mandato de levar a cabo misións deste tipo ou actuar en augas internacionais"
O Goberno galego resolve o conflito entre o persoal veterano implicado en concursos de traslados e o de novo acceso con diversas medidas transitorias
As entidades agrupadas en FADEMGA, que xestionan 2.813 das 5.188 prazas de discapacidade intelectual da Consellería de Política Social, inician mobilizacións para esixir que o Goberno galego cubra os custos dos servizos. Alzas salariais e inflación provocaron "sobrecustos" no concerto social que "a Administración non asumiu" malia "ser advertida", denuncian. "Se non quere cumprir, que xestione directamente as prazas", agregan