Política
Máis de 18.000 nomes na nova gran base de datos da represión franquista en Galicia
A CRMH da Coruña achega vía web unha enorme compilación de persoas represaliadas ou represoras durante a guerra civil e a ditadura franquista, con cadansúa ficha que explica a súa traxectoria persoal, política ou familiar e resultado de máis dunha década de traballo de Luís Sánchez Rodríguez.
Sanidade investiga a Ribera Povisa pola falta de médicos tras a queixa dunha paciente
A pesar de contar cunha Unidade de Supervisión e Control, creada "para o seguimento do cumprimento" das "obrigas" por parte de Povisa, a Consellería de Sanidade inicia agora "un procedemento interno de control para verificar a situación" e adoptar "as medidas oportunas"
Galicia encabeza as axudas do Estado para mercar lentes á infancia
As ópticas galegas adheridas o Plan VEO tramitaron máis de 4.500 axudas no primeiro mes do proxecto, 129 por cada 10.000 habitantes menores de 17 anos. O plan responde á idea de "que un neno ou nena poida ver ben o encerado do colexio non dependa do peto da súa familia", sostén o delegado do Goberno de España en Galicia, que avaliou nunha óptica ourensá a implantación da medida
A regularización de migrantes atinxe unhas 8.000 persoas en Galicia: "Vivían na indefensión"
O Foro Galego de Inmigración aplaude que o Goberno de España vaia emendar a "intolerable" situación de que "houbese persoas convivindo connosco sen dereitos". Conversamos co seu voceiro ao respecto. "A nivel social e económico é unha vantaxe para todos" porque "se poden incorporar mellor ao mercado laboral" e porque a situación irregular facía imposible "dimensionar políticas públicas contando con eles", resalta Miguel Fernández
A Audiencia Nacional condena mala fe e falta de dilixencia da Xunta por deber 1,8 millóns da depuradora de Ourense
O Goberno galego comprometérase a achegar 10,1 millóns para a obra ao Estado, pero deixou parte sen pagar acusándoo de incumprir as condicións, o que agora é desbotado nunha nova sentenza por demoras nas grandes depuradoras galegas
Condenada a "errática" e "improvisada" actuación da Xunta ante unha denuncia de acoso escolar
O TSXG impón á Consellería de Educación unha indemnización de 9.000 euros á familia afectada
- Crónica Dereito á vivenda
- Política
Feijóo identifica pobreza con delincuencia no seu "non" ao decreto 'ómnibus' do Goberno de España
O ex-presidente sinala as persoas que se seguirían podendo acoller á suspensión de desafiuzamentos como autoras de delitos de usurpación de vivendas, alén de criticar o agrupamento do 'escudo social' coa suba das pensións nun só decreto. A moratoria requiría acreditar a vulnerabilidade a través dos servizos sociais, estaba condicionada á aprobación xudicial e, para quen habitase un piso sen contrato, só rexía en vivendas propiedade de empresas ou de persoas con máis de dez inmobles
- Crónica
- Política
Rueda pon en dúbida a seguridade do tren en Galicia cando Pontón e Besteiro lle reclaman mellor sanidade pública
Ante as limitacións temporais de velocidade que Adif implantou na liña Ourense-Santiago, como noutros puntos por todo o Estado, o presidente pregunta se "antes iamos demasiado rápidos e inseguros"
A convicción de contarmos Angrois
A Xunta alega que "descoñece" o contido do pacto secreto con Altri que asinou un conselleiro
As incertezas medran en torno ao proxecto de Altri en Palas mentres unha permanece dende o inicio: o contido exacto do acordo do Goberno galego coa compañía a través da agora disolvida sociedade Impulsa Galicia. Ante unha nova petición de Praza.gal ao abeiro da Lei de Transparencia, reitera que a sociedade era allea á norma por ser "privada", que o documento rubricado polo daquela vicepresidente e conselleiro Conde era un "negocio xurídico privado" que, agrega agora, o Goberno galego "descoñece"
En marcha a regularización extraordinaria de medio millón de persoas migrantes
Acreditar cinco meses levar "como mínimo cinco meses en España antes do 31 de decembro de 2025" e non ter antecedentes penais, entre os principais requisitos. As persoas beneficiarias terán unha autorización de residencia que durará inicialmente un ano, cinco no caso de menores de idade