Política
A loita contra o acoso laboral na Xunta, cuestionada de novo pola xustiza
Un xulgado obriga a reabrir un caso pechado por Educación sen convocar o preceptivo comité de intervención e desmonta o intento do Goberno galego de restrinxir a quen protexe o seu protocolo contra o acoso
- Crónica
- Política
O PP procura polos despachos municipais a hexemonía provincial do século pasado
Hai que remontarse a 1999 para atopar un panorama coas catro deputacións galegas gobernadas polo PP. Os movementos do partido que sustenta o Goberno galego en varios concellos van na dirección de tentar reeditar aquel control total en 2027, con Ribeira e Sarria como mostras máis recentes
- Crónica
- Política
O Foro La Toja antes que a Medalla Pardo Bazán: a Xunta segue devaluando o seu galardón pola igualdade
O Goberno galego xa incumprira noutras edicións as súas propias normas da medalla e este ano volveu adiala a este venres, cando Rueda optou por asistir a unha conferencia de Feijóo, presentado pola Xunta como "líder da oposición " e non como ex-presidente
A parella de Feijóo recorre á xustiza para manter o acceso privado á praia do seu chalé en Moaña
Praza.gal revelou hai un ano que Costas quería recuperar o uso público do terreo, ante o que Cárdenas pediu unha concesión que lle foi denegada en maio, decisión contra a que agora presenta un recurso contencioso-administrativo
Un terzo dos incendios ocultados pola Xunta comezaron de noite
O 8 de agosto que comezou o primeiro grande incendio da vaga, o de Chandrexa, a Xunta só comunicou outro máis, en Padrenda, pero realmente rexistrara un total de 21
A Xunta incumpre hai dez anos requisitos de protección da Rede Natura en zonas afectadas polos incendios
A Comisión Europea admite que "Galicia non fixou obxectivos e medidas de conservacións suficientemente específicos" para as zonas protexidas, "incluídas as afectadas polos incendios", pero segue demorando a sanción
Os 447 incendios ocultados pola Xunta do 1 ao 18 de agosto: liberamos os datos
A información oficial revelada agora cunha petición formal de transparencia permite comprobar como en Ourense, con menos incendios que no resto de Galicia, acabaron rexistrándose os maiores lumes da historia
O alcalde da transformación de Carballo dá a remuda
O histórico Evencio Ferrero marcha tras dúas décadas gobernando unha corporación municipal da que forma parte dende 1979. Daniel Pérez será o vindeiro rexedor dunha vila que virou en emblema da xestión municipal do BNG, cun "Carballo mola" impensable hai uns cantos lustros
O BNG denuncia "intereses persoais e partidistas" tras o "escuro pacto" da moción de censura en Ribeira
O aínda alcalde da localidade, Luís Pérez Barral (BNG), salienta que a razón pola que "tumban este goberno" é porque "saben que funciona”. Para Ana Pontón, a moción que se debaterá o día 13 "é a proba de que o PP está disposto a todo para frear un BNG á alza".
Os hoteleiros non logran suspender na Xustiza o inicio da taxa turística de Santiago
O Tribunal Superior rexeita a suspensión cautelar da entrada en vigor do novo tributo, que o Concello compostelán aplica dende este 1 de outubro. "Non se evidencia que sexa de superior rango o interese" da patronal hoteleira que o "interese público inherente aos investimentos e gastos" que serán financiados co recadado, argumenta o auto. A taxa turística coruñesa, en vigor dende o 29 de setembro, tamén afronta recursos do sector
Política Social evita revelar ao Parlamento cantas mulleres foron aos centros para vítimas de violencia sexual
Tras non "considerar oportuno" informar ao respecto a pasada primavera, a Xunta non remite á Cámara datos solicitados polo BNG sobre usuarias e tipo de atención prestada nos primeiros seis meses dos "centros de crise 24 horas". A Consellería argumenta a súa negativa sinalando que "considera oportuno" elaborar un "informe anual" sobre estes centros para ofrecer daquela unha "visión máis axeitada e completa"