Política
A Xunta atasca cos novos buses do Barbanza máis dun ano despois de anunciar a rescisión a Monbus
O Goberno galego somete a alegacións a nova concesión, na que quere buses directos Ribeira-Santiago cada hora, mentres Monbus segue prestando o servizo ata que se convoque un novo concurso
O PP arrebata ao BNG a alcaldía de Ribeira, sétima que gaña apoiado en tránsfugas ou independentes
Os populares alíanse con catro dos cinco edís do PBBI para quitar o bastón de mando aos nacionalistas e rachar co bipartito que gobernaba a localidade desde 2023. O aínda rexedor, Pérez Barral, cualifica de "bochornosa" e de "vergoña allea" unha "operación que só responde só aos intereses partidistas e particulares" das dúas formacións.
Rueda rectifica coas axudas dos incendios e amplía o prazo como pediron sindicatos e oposición
Tres días despois de que o PP rexeitase no Parlamento ampliar a data límite das solicitudes, fixada para este martes 30 de setembro, o presidente admite o "complicado" de reunir a documentación necesaria e dá un mes máis
O alcalde ex-socialista de Sarria pacta retirarse co PP e alimenta a súa pugna pola Deputación
O que fora rexedor sarriao polo PSdeG, no cargo con Camiña Sarria dende 2019, asina co PP quince promesas de investimentos da Xunta e anuncia ao tempo que o seu partido "dá por finalizado o ciclo político" e non volverá presentarse. O pacto ten obvia lectura provincial, onde Sarria se encadra no transcendental partido xudicial de Lugo, e é sinalado como "a maior bazofia política" polos socialistas, que o atribúen a "problemas persoais do alcalde" e "ambicións" da líder provincial do PP, Elena Candia
- Datos Dereito á vivenda
- Política
As peticións de pisos protexidos dispáranse un 30% na Galicia urbana en menos dun ano
As case 23.000 inscricións no Rexistro de Demandantes de Vivenda protexida supoñen un novo récord nun contexto no que a promoción de case 3.000 pisos públicos tras década e media de parálise case absoluta anima a demanda. Máis de 9.400 peticións, 7.000 delas en Vigo, concéntranse na provincia de Pontevedra.
Rueda asina con Feijóo facer un novo plan forestal tras aprobaren ambos o vixente en Galicia ata 2040
O presidente da Xunta rubrica a 'Declaración de la Región de Murcia' coa promesa de "elaborar e implantar un plan integral para o sector forestal" canda o resto de autonomías con gobernos do PP. O documento, que en materia migratoria concreta o xiro do partido cara a posición ata agora explicitadas por Vox, sinala a caza entre as actividades no monte "aliadas para combater o cambio climático e a prevención de incendios"
"A novena titulación de Enfermaría na privada non causa o balbordo de ter a segunda de Medicina na pública"
O matemático Ricardo Cao (A Coruña, 1965) leva pouco máis de ano e medio como reitor da Universidade da Coruña. Ao pouco de chegar, o seu equipo atopouse cun déficit inesperado de 13 millóns de euros nas contas do ano anterior dunha institución que, di, sofre tamén as consecuencias dun financiamento estrutural deficiente que cómpre "mellorar". Sobre o debate aberto pola titulación de Medicina, a irrupción e auxe das universidades privadas, a necesidade de máis fondos e moitas outras cousas máis reflexiona nesta conversa con Praza.gal.
A presión contra o xenocidio en Gaza move mesmo o PPdeG
É verdadeiramente excepcional que o PPdeG non se mova motu proprio, senón pola presión política desoutra media Galicia que apenas deu tocado goberno en máis de catro décadas de autonomía. Por iso é significativo o acontecido a respecto de Gaza nos últimos días
Altri albisca negro o seu futuro en Galicia aos catro anos de aterrar da man da Xunta
A compañía portuguesa chegou en outubro de 2021 en Galicia da man de Impulsa Galicia; catro anos despois, a sociedade publico-privada está disolvida e a multinacional ve incerto o futuro en Palas. O Estado déixaa fóra do plan eléctrico por non ser un proxecto asentado, nin estratéxico nin co futuro asegurado fronte a outros xa claves. "Doulle un 5% de posibilidades", resume unha fonte achegada ao proceso
Novo ataque á sede do PSdeG en Lugo con pintadas da extrema dereita
Apenas dez días despois de apareceren coa lenda "rojos de mierda", as instalacións dos socialistas na capital lucense sofren novas pintadas con insultos e mensaxes a prol de Vox e da Falange. "Estamos ante unha escalada intolerable de violencia política e de odio que non só pretende agredir o PSOE", senón "poñer en cuestión os principios básicos da democracia, a convivencia e a liberdade de expresión", denuncian
- Entrevista | Roger Mateos Memoria antifranquista
- Política
"Baena era inocente, non cometeu o delito do que o acusou a ditadura"
O xornalista catalán publica 'El verano de los inocentes', onde defende que o vigués, fusilado polo franquismo hai 50 anos, non cometeu o crime que lle atribuían.