Política
A ocultación do pacto da Xunta con Altri chega á xustiza
O BNG emprende accións ante o TSXG e o PSdeG pide amparo ao presidente do Parlamento para acceder á documentación que o Goberno galego mantén baixo secreto
O BNG rexeita a censura en Ribeira cun concorrido acto que o PP descualifica como "choromicada"
"A dignidade deste concello non se negocia", proclama Pérez Barral pouco antes de perder unha alcaldía á que a líder do Bloque augura que volverá en 2027. Pontón ve na moción a "constatación de que o BNG estaba a facer un excelente traballo" que a "dereita caciquil" quere frear. "A choromicada coa moción de censura de Ribeira deixa ben claro que non saben onde están", retrucan os conservadores
BNG e PSdeG piden á Xunta recursos e vontade para reducir a espera dun ano pola dependencia
O Colexio Oficial de Traballo Social di que o plan do Goberno galego de reducir trámites non funciona e o que hai é que "reforzar o sistema público de servizos sociais"
Persoal de bibliotecas pide ás universidades galegas prescindir do software israelí que utilizan
Bamad Galicia pide a rescisión do contrato do sistema de xestión das bibliotecas das bibliotecas universitarias, propiedade dunha empresa con sede en territorios ocupados palestinos. "Este investimento supón apoiar materialmente o xenocidio e a limpeza étnica en Palestina", lembra.
"O colapso continúa e medra": a espera pola dependencia rolda o ano en Galicia
Galicia é a cuarta comunidade autónoma na que máis se tarda en resolver os trámites, con 342 días, só por tras de Andalucía, Madrid e Murcia. Máis de 1.100 persoas levan máis de medio ano agardando por unha resolución oficial.
O BNG forza que o PP vote o traspaso dos aeroportos á Xunta que prometeu en 2009
Tras iniciar a Xunta as conversas para asumir os aeródromos fóra da rede de interese xeral, Pontón defende como "estratéxica" a transferencia das terminais aeroportuarias da Coruña, Santiago e Vigo: "O futuro non pode ser estar permanentemente na queixa de que mal o fan dende Madrid. O programa co que Feijóo chegou ao Goberno galego defendía reclamar esta competencia para a "xestión máis eficaz" e "fomentar a implantación de novos servizos aéreos"
O Estado aproba o decreto que atranca o camiño das universidades privadas en Galicia
O Consello de Ministros dá luz verde á normativa que endurece os requisitos para a creación de universidades e pon deberes ás que xa están en funcionamento. 4.500 alumnos en seis anos, aloxamento para o 10% do estudantado ou o 5% do orzamento para a investigación son algunhas das condicións a cumprir.
Recorte na taxa turística aos cruceiros: os portos da Coruña e Vigo preparan o terreo
Os presidentes das autoridades portuarias coruñesa e viguesa, elixidos pola Xunta, piden á vez que o Goberno galego aproveite os Orzamentos de 2026 para cambiar a lei e só teñan que pagar o tributo turístico de 1,5 euros por pasaxeiro os cruceiros que fagan noite nas cidades. Ambos portos esgrimen que a taxa turística vai en sentido contrario da súa "política tarifaria", coa que descontan o 40% das taxas portuarias ás navieiras para "incentivar a chegada de cruceiros", turismo que está a bater récords no noso país
"Hai que traballar e deixarse de mercadear cos votos dos veciños para vendelos a medio mandato"
"A Xunta carga os concellos de competencias que non lles corresponden e despois dá caramelos a quen queren arrimar ao PP", advirte a vicesecretaria xeral do PSdeG en Lugo. A tamén alcaldesa de Antas e voceira socialista do goberno da Deputación lucense atribúe movementos coma o pacto do PP co alcalde de Sarria ou a anterior moción de censura en Viveiro a que Elena Candia, líder provincial dos populares, se "sente presionada porque onde vai non acaba de consolidar": "Pode facer facer as compras na feira na que está metida, pero se cadra compras que parecen boas non lle dan resultado", ironiza
A Xunta tarda ano e medio en crear o Observatorio do Xogo obrigado pola súa tamén demorada lei
O órgano colexiado para "estudo, avaliación e seguimento das políticas de xogo" debía estar creado en abril de 2024, segundo estableceu a lei prometida por Feijóo en 2018, mentres o Goberno galego segue ocultando datos negativos para o sector
Evencio Ferrero: a política ao servizo da xente
Farruco Graña