Política
- 📺
- Política
Os bombeiros comarcais endurecen a protesta contra Xunta e deputacións
Persoal contra incendios, que suma cinco meses en folga, leva as súas protestas a Santiago e advirte de que recruará as mobilizacións se as administracións non buscan xa solucións a un conflito enquistado.
O Tribunal de Contas da UE censura que en 15 anos a Xunta non convocase concursos para concesións de bateas
En 2017 o PP ampliou de 30 a 50 anos as concesións de bateas e agora o ente fiscalizador europeo pon a ausencia de novas convocatorias como exemplo de "barreira administrativa" que contribúe ao "estancamento" da acuicultura
A Xunta estende á mocidade de todo o Estado o bono de 200 euros para que fagan o Camiño
A subvención creada en xuño para gastar en establecementos galegos ligados á peregrinación amplía tamén a idade das persoas beneficiarias, de entre 12 e 30 anos
Pedro Sánchez, presidente por maioría absoluta para unha lexislatura "complexa"
O líder do PSOE obtén 179 votos a favor, sete máis dos logrados por Feijóo e doce máis que hai catro anos, e confirma a presidencia dun novo goberno de coalición progresista apoiado polas forzas soberanistas.
Sánchez e Rego alentan o acordo PSOE-BNG para "superar anos de inacción e retroceso en Galicia"
"Oxalá o cambio chegue á Xunta e poidamos impulsar a axenda de transformación para Galicia", dille o presidente do Goberno de España ao portavoz do BNG, advertindo da necesidade mutua para unha mudanza política na Xunta.
Outro parque eólico declarado inviable na serra da Groba polo seu impacto sobre a saúde, as aves, o patrimonio e a paisaxe
Se no primeiro parque invalidado nesta zona hai un ano sinalábanse eivas ambientais e no segundo paisaxísticas, neste terceiro esténdense os efectos negativos a múltiples eidos
O caso de presunta corrupción no Goberno de Portugal estende os seus efectos políticos malia reducirse os xudiciais
António Costa, que segue á fronte do executivo ata as eleccións de marzo, asume a carteira de Infraestruturas tras dimitir o ata agora titular e o xuíz que supervisa a investigación da Fiscalía reduce os presuntos delitos a tráfico de influencias
Feijóo acusa de "corrupción" a Sánchez, que denuncia a súa etapa na Xunta: "Nin moderado, nin bo xestor"
O presidente do Goberno de España responde ás críticas do líder do PP lembrando a "fracasada fusión" das caixas galegas ou o elevado aumento da débeda galega e advirte que Manuel Fraga "sae gañando na comparación": "El distanciouse do franquismo e vostede afástase dos principios democráticos e desfila cos franquistas de Vox".
Sánchez defende a amnistía para manter o "muro" fronte ás "forzas reaccionarias"
O líder do PSOE avoga pola súa investidura advertindo da alternativa que suporían as "dereitas retrógradas" de PP e Vox e pola amnistía para "consolidar os avances logrados". Di apostar polo "diálogo e o perdón" fronte á "receita" dos populares que "conduciu ao desastre en Catalunya".
O profesorado mantén a presión contra o acordo educativo antes da manifestación deste domingo
Centos de docentes, convocados por CIG, STEG e CSIF, concéntranse nas sete cidades e reclaman a Educación que "rectifique e escoite as necesidades que ten o ensino público" e aprobe "melloras reais".
O helicóptero de salvamento que a Xunta presentou como "novo" para Celeiro leva anos sendo o suplente desa base
Tras revelar o BNG a operación, o Goberno galego xustifica que o aparato, fabricado en 2010, ten máis prestacións que o anterior helicóptero titular, que prorrogou hai dous anos como prioritario