A Cañiza xa é A Caniza: o novo Nomenclátor de Galicia ten doce concellos 'novos' e 43.000 topónimos
A Xunta aproba a nova versión, que fai oficial o cambio de denominación dunha ducia de municipios, 182 parroquias e 2.335 núcleos tras a revisión por parte da RAG de 4.400 nomes. Case 1.700 lugares non incluídos antes aparecen agora na listaxe.