Sánchez perde a primeira votación da investidura e ten dous días para xuntar votos dabondo
Unidas Podemos abstívose como "xesto" da vontade de seguir negociando un Goberno de coalición cos socialistas "ata o último momento". Grupos abertos a facilitar a súa elección, como ERC e PNV, repróchanlle ao líder do PSOE que apenas buscase o seu apoio.