Política
- Con vídeo
- Política
A renuncia de Iglesias a esixir ser ministro vira o escenario da negociación do PSOE e Podemos ás portas da investidura
Iglesias afástase e advirte: pode haber pacto se hai coalición e se o PSOE acepta os nomes propostos por Unidas Podemos para o Consello de Ministros
Xunta e Concello de Sada únense á demanda do Estado para botar aos Franco de Meirás
O goberno local sadense confirma que comparece no proceso tras recibir a notificación oficial da demanda do Estado contra os Franco e o Consello da Xunta autoriza aos servizos xurídicos do Goberno galego para unirse tamén ao procedemento pola devolución do Pazo
O PP non quere que na sede do PSdeG poña “Vota PSdeG” e a Xunta Electoral dille que non hai eleccións nas que votar
Os populares denunciaron unha rolda de prensa do secretario xeral dos socialistas, Gonzalo Caballero, do pasado 4 de xullo, máis dun mes despois das eleccións, na que aínda se vía ás súas costas a petición de voto
O Supremo sentencia por quinta vez contra Reganosa e anula agora a legalización acelerada que intentou Rajoy en 2016
O alto tribunal invalida a decisión do Goberno central daquela en funcións de eximir a planta de Mugardos dunha avaliación ambiental completa
Tomé asume a presidencia da Deputación lucense e chama a "consolidar a maioría progresista en Lugo e Galicia"
PSdeG e BNG chegaron ao pleno de constitución co acordo xa pechado para conformar un goberno de coalición coa nacionalista Maite Ferreiro como vicepresidenta. O tamén alcalde de Monforte di aspirar a unha "nova etapa na vida" da Deputación lucense na que a institución sexa "noticia polas políticas que sexamos capaces de levar a cabo"
Corredor do Atlántico: perdoen pero, poderían deixar de dicir bobadas?
Xoán Vázquez Mao
Educación cancela o único ciclo de FP de Emerxencias tras dicir en decembro que era "de utilidade" para toda Galicia
76 persoas xa realizaran a preinscrición para as únicas 30 prazas en toda Galicia que ofertaba desde 2015 un instituto da Estrada en colaboración coa Academia Galega de Seguridade, radicada nesa mesma vila
A oposición recea da alta puntuación que permitiu á Red Madre lograr un local da Xunta en Pontevedra
O PSdeG ve "dificilmente obxectivables" que, a través de criterios como "a relevancia social do proxecto", o colectivo antiabortista quedase por diante de organizacións como a Asociación Española contra o Cancro. BNG e Grupo Mixto poñen o foco en que esta organización leva unha década protexida por lei en Galicia
O traspaso da AP-9 a Galicia suma outros dous meses de atraso pola ausencia de actividade no Congreso
Sete meses despois de que a Cámara baixa admitise a trámite a petición unánime galega tras anos de bloqueo polo PP, o cambio de lexislatura volve a mantela no aire
- Entrevista | Benito Portela Memoria antifranquista
- Política A Coruña
"Se o Pazo de Meirás foi epicentro do franquismo, no futuro podería selo da memoria histórica"
O alcalde de Sada celebra que o Estado presentase por fin a demanda contra os Franco para recuperar as Torres, aínda que no Concello non teñan comunicación oficial, e agradece o labor e esforzo dos colectivos que loitaron pola súa recuperación: "Mudou a percepción social".
O PSdeG apela á investidura de Sánchez "en xullo" ás portas do curso crucial para o posible cambio en Galicia
Gonzalo Caballero apela á "responsabilidade colectiva" para que "en xullo" haxa en España un "goberno socialista, progresista e de esquerdas" con "plenas competencias". Unha eventual repetición das eleccións xerais sería pouco propicia para o PSdeG na medida en que engraxaría o argumentario co que, dende finais de xuño, Feijóo tenta retomar a iniciativa política