Política
Como é coas deputacións?
Xosé Antón Jardón
Corina Porro volve ter despacho oficial en Vigo para tentar salvar o PP local por encargo de Feijóo
Ex-alcaldesa, ex-presidenta do porto, ex-presidenta da Zona Franca, ex-conselleira con Fraga, ex-senadora, ex-vicepresidenta da Deputación e ex-presidenta do CES, Feijóo entregoulle hai un mes o control do partido e agora dálle un soldo público na cidade
A xustiza absolve de malversación a Castaño e un ex-conselleiro ao concluír que os cartos públicos viraban privados ao entrar na Fundación Cela
Considera que os indicios “non son suficientes para inferir con certeza" que o despedimento do seu xerente cunha indemnización de 150.000 euros "fose unha simulación" e advirte de que os fondos cos que se pagou eran “públicos na súa orixe” pero privados ao entregarse.
Vítimas de Angrois convocan actos de protesta e lembranza no sexto aniversario do accidente
A data chega coa causa xudicial pendente de que a Audiencia da Coruña decida se valida ou rectifica a proposta do xuíz instrutor e do fiscal de xulgar como responsables en igual grao ao maquinista e ao director de Seguridade de Adif
Feijóo recoloca tras a derrota do PP a Corina Porro na delegación da Xunta en Vigo e ao seu antecesor en Competencia
A ex-alcaldesa, á que o presidente encargou hai un mes reconstruír o PP na cidade, farao desde ese cargo público no que substitúe a Ignacio López-Chavez, que agora vai a Competencia. O Consello tamén aproba cambios en Portos e Promoción Laboral.
O documento clave para que o Estado recupere Meirás pasou décadas no centro da Coruña
O protocolo notarial de 1938 que impulsa a demanda contra os Franco foi achado nun arquivo coruñés e confirma que a venda posterior das Torres ao ditador foi “fraudulenta” e a través dun contrato simulado para evitar que o inmoble pasase a ser patrimonio público.
A Xunta conclúe que ninguén agás a oposición "pon en cuestión" os negocios de Pemex en Galicia
Ante a petición de "explicacións" polas investigacións aos ex-directivos que interviñeron nos negocios de Pemex en Galicia o conselleiro gaba o "papel na recuperación do sector naval en Galicia" que xogou a empresa mexicana e conclúe que a deputada do BNG "non ten criterio"
Rubial marcha, o conflito sanitario queda en Vigo: "A Xunta tenta reconducilo, pero chega tarde"
Manuel Domínguez Sardiña, membro da Asemblea de Médicos e un dos xefes de servizo que dimitiu, ve "positiva" a marcha do xerente e agarda do novo "non só boas palabras nin boa actitude, senón solucións" aos graves problemas que denuncian na Atención Primaria en Galicia
O PP accede a pedir ao Estado a competencia de bolsas de estudo, pactada pola Xunta con Zapatero en 2008
Na etapa da coalición de PSdeG e BNG o daquela vicepresidente, Anxo Quintana, chegara a pechar co Goberno de España un paquete de competencias que incluída as bolsas de estudo. O Parlamento vén de aprobar por unanimidade unha década despois unha iniciativa do Bloque que volve reclamala
Feijóo menospreza as propostas demográficas da oposición, que ve propagandista a nova lei da Xunta
O presidente defende a importancia do texto que presenta no Parlamento dez anos despois de considerar a demografía o primeiro reto de Galicia na súa primeira investidura
Un neto de Fraga deixa de asesorar o PP na Eurocámara para ter o mesmo posto con Vox
Manuel Fraga Pedroche era asistente do PP na Eurocámara dende 2012; agora traballará no mesmo posto para os tres eurodeputados de Vox