Política
Máis de 61.000 peticións de voto por correo anticipan participación récord por esta vía en Galicia o 26M
As máis de 61.700 solicitudes de voto por correo aceptadas en Galicia para o 26M supoñen un incremento do 62% con relación ás anteriores municipais. O prazo para enviar o voto por correo remata o 24 de maio ás dúas da tarde
Nova Escola Galega ve na prohibición dun debate electoral no IES de Foz un "ataque á liberdade de cátedra"
O debate, no que ían participar todas as candidaturas municipais, contaba co apoio da dirección do centro, pero Inspección Educativa decidiu suspendelo. A entidade salienta que o obxectivo do evento era "promover unha educación aberta e problematizadora en relación co seu contexto".
- Interactivo 26M locais e europeas
- Política Lugo
Lugo: a vida despois de Orozco
As eleccións municipais en Lugo son as primeiras en vinte anos sen Orozco como protagonista principal. A alcaldesa Lara Méndez enfróntase ás súas primeiras eleccións como cabeza de lista e pon a proba os barrios que tradicionalmente apoian o PSdeG nun contexto no que aos seis partidos con representación no Concello hai que engadir a incerteza na dereita e a nova fragmentación na esquerda
- Entrevista | Martiño Noriega 26M locais e europeas
- Política Santiago
"Desafiamos os poderes fácticos e somos peza a bater, pero estamos en condicións de revalidar o goberno"
Martiño Noriega concorre por segunda vez á alcaldía de Santiago. Está a desenvolver unha axenda "maratoniana" na que o debate público semella ser un dilema a dúas bandas: Compostela Aberta ou a súa remuda polo PSOE de Bugallo, ao que Noriega achaca que elixiu o "marco da dereita". Cre que volve chegar ás urnas con posibilidades de goberno, agora explicando que "fomos quen de acreditar que non é incompatible un discurso transformador coa normalización institucional"
26M em Compostela
Isabel Rei
Fomento abrirá o treito ata Arzúa da autovía Santiago-Lugo a dous días das municipais
Fomento confirma que os novos 18,5 quilómetros da autovía Lugo-Santiago entran en servizo este 24 de maio de 2019, polo que estarán abertos 66 dos 94 quilómetros do trazado máis de vinte anos despois da inauguración do primeiro tramo, de Compostela ao aeroporto
A aparición de Casado en Ribeira alenta a PSdeG e BNG: "É un síntoma do que lle espera ao PP"
Unha escisión do PP na que tamén se integra o ex-candidato de Ciudadanos pon en risco a maioría absoluta da que os populares gozan dende comezos dos 90 en Ribeira, que este domingo tornou durante unhas horas en centro das caravanas electorais de Feijóo, Caballero e Pontón
- Interactivo 26M locais e europeas
- Política Santiago
Compostela 2015: 29 anos de goberno socialista e 4 anos de desgoberno popular
Santiago chegou ás eleccións municipais de 2015 cun escenario político revolto, marcado pola sucesión de tres alcaldes do PP entre sospeitas de corrupción; fronte ás crises dos populares e os problemas internos do PSdeG chegara a aposta de Compostela Aberta con Martiño Noriega á fronte
- Entrevista | Abel Caballero 26M locais e europeas
- Política Vigo
“A oposición saberá se a súa debilidade empeora o control democrático; elíxea o cidadán, non eu”
O alcalde coa maioría máis ampla das principais cidades do Estado e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias loita nestas eleccións por superarse a si mesmo e ao seu viral estilo personalista
O contraste ibérico
Xosé Manuel Sarille
A esquerda galega contra a independencia de Cataluña (I)
Luís Redondo Gaona