Política
A perda da maioría do PP na Deputación de Ourense entra por primeira vez en campaña como hipótese viable
A fin da primacía absoluta dos populares na Deputación ourensá é posible por primeira vez en dúas décadas. Así o aposta a oposición e así o teme o PP, especialmente tras os resultados das xerais. O resultado do partido xudicial no que se encadra a cidade de Ourense será clave e os eventuais escenarios van dende posibles negociacións con DO ou C's ata unha maioría alternativa
- Crónica 26M locais e europeas
- Política Vigo
"Hoxe teño un día comedido": todo no que Vigo é "o máis de España" segundo Caballero e ante o "susto de Feijóo"
Os socialistas presentan Vigo como o feudo a partir do que ampliar a reconquista do poder en Galicia
- Interactivo 26M locais e europeas
- Política
A Eurocámara, onde o BNG pode compartir grupo con En Comú, En Marea con Podemos e Compromiso con C's
Os grupos do Parlamento Europeo cambian varias veces por lexislatura e os deputados teñen liberdade de actuación, polo que formar parte deles non significa votar o mesmo
- Crónica 26M locais e europeas
- Política A Coruña
Ninguén quere ser pasado na carreira pola alcaldía da Coruña
Ferreiro e a Marea Atlántica sinalan o 26M como unha "elección entre volver ao escurantismo ou seguir avanzando cara ao futuro", mentres o PSOE agárrase ao impulso de Sánchez, o PP eríxese como única alternativa á esquerda e o BNG chama aos descontentos co goberno local.
- Crónica 26M locais e europeas
- Política Vigo
Sánchez e Caballero conxúranse contra a desmobilización e apelan a manter a vaga de votos das xerais
O alcalde vigués aspira a superar o 60% dos votos e ser rexedor “uns 25 anos máis” pero advirte de que “antes do día 26 non hai nada ganado”
Pontón sinala a rehabilitación de casas en Rianxo como mostra da "garantía" do BNG fronte a "fórmulas fracasadas"
A líder do Bloque presenta os proxectos de rehabilitación e vivenda social do Concello de Rianxo como evidencia de que "onde gobernamos, transformamos vilas e cidades". Muíños, alcalde rianxeiro e candidato á reelección, salienta que a recuperación das vellas casas de mestres combina o arranxo dos inmobles "coa política social"
A autovía Santiago-Lugo, arma electoral trinta campañas despois
Feijóo láiase nun acto de campaña de que o treito central da A-54, de Melide a Palas, non vaia estar rematado para o Xacobeo 2021 aínda que os contratos adxudicados polo Goberno de Rajoy xa situaban o remate entre finais de 2022 e comezos de 2023
O Tribunal de Cuentas axuizará irregularidades e sobrecustos do 27% en obras do porto exterior da Coruña
O órgano fiscalizador confirma que ten en marcha un "procedemento de reintegro por alcance por presuntas irregularidades contables" en contratos do porto exterior reflectidos nas súas contas de 2012, 2013 e 2014
O Centro Gallego de Bos Aires albisca unha saída: cede a xestión do hospital pero mantén o patrimonio cultural
A histórica entidade acepta que o grupo BASA xestione o centro hospitalario 30 anos, con opción á compra do edificio, a cambio da cancelación das débedas e de que a emigración manteña no seu poder todo o seu legado histórico. O 21 de maio prevese que se confirme a operación.
- Crónica 26M locais e europeas
- Política
O son das enquisas marca o inicio da primeira semana completa de campaña municipal
Tras o comezo marcado polo falecemento de Rubalcaba, a campaña fica este luns definitivamente lanzada ao ritmo das enquisas da fin de semana, que debuxan o que sería un cambio inédito na historia recente da Galicia urbana. A cuestión da alternancia xa non se dirimiría principalmente entre o PP e unha ou varias forzas da esquerda
Gonzalo Caballero pide “outra maioría de votos progresistas” nas municipais ante o "pinchazo" do PP
O PSdeG-PSOE retomou os seus actos de campaña con mitins en Moaña e Sarria, entre outros concellos. O secretario xeral dos socialistas galegos amosouse convencido de que a súa formación "seguirá avanzando" e dixo que tras o 28A Feijóo quedou "fóra de xogo".