A Xunta abre unha crise na dirección do 061 tras anos de polémica xestión
O Goberno galego substitúe o xerente e dous dos tres directores de área da fundación encargada das urxencias sanitarias, investigada pola adxudicación das súas ambulancias e con conflitos laborais desde hai meses. Mentres, o Tribunal Superior anula os servizos mínimos do 100% impostos durante a folga do persoal de atención telefónica do propio 061