Barquero e Mato serán os candidatos do PSdeG en Ourense e Ferrol; na Coruña haberá segunda volta
Nas primarias da cidade herculina José Manuel García e Inés Rey foron os máis votadas e terán que disputar unha segunda volta o vindeiro domingo, ao non chegar ao 50%. En cambio, José Ángel Vázquez Barquero e Ángel Mato impuxéronse con claridade aos seus rivais en Ourense e Ferrol.