O xefe da seguridade ferroviaria da UE critica que en Angrois "só había unha barreira de protección, o maquinista"
O experto comunitario di que as autoridades españolas “teñen que preguntarse a fondo por que o sistema permitiu estes fallos” e reitera que España debe volver a investigar o sinistro, como vén reclamando Bruxelas