Política
O PP mantén a lei temporal que freou dereitos do funcionariado malia non cumprirse xa os seus requisitos
O sindicato CSIF entrega á Xunta e os grupos parlamentarios un informe no que constata que o PIB e o aforro primario aumentaron desde a aprobación en 2012 da norma que condicionaba a esas variables diversas melloras para os traballadores públicos
O PP rexeita por “covardes” as emendas da oposición para aumentar os Orzamentos da Xunta para 2018
A oposición critícalle ao Goberno galego o que considera un uso abusivo da lei de acompañamento e o conselleiro de Facenda anuncia un incremento da oferta pública de emprego para este ano e o próximo
De Meirás á liberdade de expresión: autopsia ao franquismo na Eurocámara
A xornada impulsada polo BNG, ERC, EH-Bildu e Compromís analiza en Bruxelas os elementos do franquismo que sobreviviron ao ditador en debates sobre os que pairan a reclamación de devolución de Meirás e os acontecementos políticos en Catalunya
Mareas locais poñen en Ourense as bases para unha 'rede municipalista galega'
Máis dun cento de persoas participaron ao longo do sábado na xornada Hai Mareas, no que chamaron a preparar as eleccións do 2019 "desde a boa praxe na xestión municipal". No encontro interviron os alcaldes da Coruña ou Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, concelleiros de Vigo ou Ourense e deputadas de EnMarea
Son tempos de encontros necesarios
Xosé Antón Jardón
"Buscade no río": A pista xeralizada en Vilalba para atopar o busto de Fraga
A efixie que preside a alameda, fronte á casa natal do ex-presidente e ex-ministro, sofre periódicos ataques, pero “esta vez fixeron un traballo cirúrxico”, di o alcalde
Unha cooperativa europea de loita contra os incendios, prioridade das entidades transfronteirizas da Península
A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), con varias galegas nela, reclamará aos gobernos de España e Portugal que impulsen esa figura na próxima Cimeira Ibérica
Contaminación por lindano no Porriño: A Xunta pide non consumir auga nin alimentos da zona
Medio Ambiente clausura sete pozos e anuncia un proxecto "para a recuperación e limpeza dos solos despois do Nadal"
O Goberno de Feijóo coa nos Orzamentos rectificacións de 12 leis feitas por el mesmo
O presidente adoita gabar a seguridade xurídica e a estabilidade das súas políticas pero o PSdeG cuantifica en 70 as normas modificadas desde 2009 a través da tramitación con menos debate que permiten as leis de acompañamento
Fomento e a UE priman o camión fronte ao tren nos fondos europeos para o noroeste peninsular
O Goberno central aspira a incluír a A-8 dentro das infraestruturas intelixentes da UE para o período de orzamentos comunitarios 2021-2027 pero relega o ferrocarril de mercadorías máis alá
A Xunta admite “certos riscos” de que persoas que tutela cometan ou sexan vítimas de delitos
“Estámolo a facer da mellor maneira posible”, di Política Social sobre as eivas detectadas na fundación autonómica de tutela de adultos