A Xunta frea a súa residencia de maiores 'estrela' alegando restricións polas riadas de València
O histórico cambio político que situou en 2023 ao BNG na alcaldía de Ribeira é un contexto imprescindible para entender a controversia xerada pola repentina renuncia de Política Social a construír o primeiro centro do seu "novo modelo de coidados" no terreo que o Concello lle cedeu hai catro anos. A Consellería de Fabiola García baséase en que o Goberno de España amosou a intención de endurecer as condicións para poder construír en contornas coma esta, con risco futuro de inundación.