O Consello de Contas dá marcha atrás e acata dividido a negativa do Parlamento a ser fiscalizado
Todos os grupos parlamentarios rexeitaron ser vixiados polo ente que supervisa as contas das administracións galegas, que se prega agora a esa decisión co voto discrepante dun dos seus cinco membros, propostos á súa vez polos partidos